Provincia de El Loa
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Chile | ||||
Rexión | Rexión de Antofagasta | ||||
Capital | Calama | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 177.048 (2017) (4,22 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 41.999,6 km² | ||||
Altitude | 3.925 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Páxina web | gobernacionloa.gov.cl |
El Loa é unha provincia de Chile situada no oriente da rexión de Antofagasta.
A súa capital é a cidade de Calama, e a súa gobernadora é María Bernarda Jopia Contreras, do partido Renovación Nacional.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situada a unha altitude de 3 925 msnm a provincia ocupa unha superficie de 41 999 km².
No ano 2017 contaba cunha poboación de 177 048 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 3,7 hab./km²
El Loa caracterízase polo seu clima desértico e pola súa paisaxe; a localidade de San Pedro de Atacama é un grande atractivo turístico.
Na provincia extráese cobre, un dos recursos minerais máis importantes do país.
División administrativa
[editar | editar a fonte]A provincia está conformada por 3 comunas:
Código | Comuna | Capital | Superficie[2]
(km²) |
Poboación[3]
(2017) |
Porcentaxe |
---|---|---|---|---|---|
02201 | Calama | Calama | 15 597 | 165 731 | 93,66 % |
02202 | Ollagüe | Ollagüe | 2 964 | 321 | 0,13 % |
02203 | San Pedro de Atacama | San Pedro de Atacama | 23 439 | 10 996 | 6,21 % |
Total | 41 999 | 177 048 | 100 % |
Economía
[editar | editar a fonte]En 2018 o número de empresas rexistradas na provincia de El Loa foi de 3 094. O Índice de Complexidad Económica (ECI) no mesmo ano foi de -0,15, mentres que as actividades económicas con maior índice de Vantaxe Comparativa Revelada (RCA) foron Actividades de Parques de Atraccións e Centros Similares (67,11), Reprodución de Gravacións (53,78) e Outros Tipos de Transporte Regular de Pasaxeiros por Vía Terrestre (36,86).[4]
Gobernadores da provincia
[editar | editar a fonte]Os gobernadores provinciais de El Loa foron os seguintes:
Gobernador | Partido | Período |
---|---|---|
César Castillo Lilayu | DC | 11 de marzo de 1990 - 11 de marzo de 1994 |
José Luis Ayala Manríquez | PS | 11 de marzo de 1994[5] - 11 de marzo de 2000 |
Francisco Segovia Rojas | DC | 11 de marzo de 2000 - 10 de xuño de 2004[6] |
Guillermo Espíndola Correa | DC | 2004 - 11 de marzo de 2006 |
Sandra Pastenes Muñoz | PS | 11 de marzo de 2006 - 22 de xaneiro de 2009[7] |
Rubén Rojo Maturana | PS | 23 de xaneiro de 2009 - 18 de abril de 2009[8] |
Nicanor de la Cruz Araya | PS | 27 de abril de 2009 - 11 de marzo de 2010 |
Luis Garrido Ampuero[9] | UDI | 16 de marzo de 2010 - 1 de xaneiro de 2021[10] |
Lorenza Muñoz Cifuentes | UDI | 2 de xaneiro de 2013 - 11 de marzo de 2014 |
Claudio Andrés Lagos Gutiérrez | PRSD | 11 de marzo de 2014 - 1 de xuño de 2017[11] |
Eduardo Ochoa | PRSD | 20 de xuño de 2017[12] - 18 de marzo de 2018 |
María Bernarda Jopia Contreras | RN | 18 de marzo de 2018 - No cargo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Estimaciones y Proyecciones de la Población de Chile 1992-2050 Censo de 2017.
- ↑ "Calama | SUBDERE". www.subdere.cl (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2021.
- ↑ "Censo 2017 – Todos Contamos – Este Censo necesita todo tu apoyo para saber cuántos somos, cómo somos y cómo vivimos.". www.censo2017.cl (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2021.
- ↑ "ADALYTICS". adalytics.cl. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2021. Consultado o 20 de febreiro de 2021.
- ↑ "Anoche falleció el ex gobernador de El Loa José Luis Ayala". SoyChile.cl. 25 de setiembro de 2012. Consultado o 20 de febreiro de 2021.
- ↑ "Duelo en Antofagasta por muerte de Gobernador de El Loa: Ejecutivo entrego condolencias". La Nación. 11 de xuño de 2004. Consultado o 20 de febreiro de 2021.[Ligazón morta]
- ↑ "Remezón político por cambio en la Gobernación de El Loa". El Mercurio de Calama. 23 de xaniero de 2009. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 20 de febreiro de 2021.
- ↑ "Renunció Gobernador Provincial Ruben Rojo". El Mercurio de Calama. 18 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 20 de febreiro de 2021.
- ↑ "Luis Garrido Nuevo Gobernador de El Loa". LoActual.cl. 16 de marzo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2017. Consultado o 20 de febreiro de 2021.
- ↑ "DTO-1494 16-MAY-2013 MINISTERIO DEL INTERIOR Y SEGURIDAD PÚBLICA, SUBSECRETARÍA DEL INTERIOR - Ley Chile - Biblioteca del Congreso Nacional". www.leychile.cl. Consultado o 20 de febreiro de 2021.
- ↑ "Renunció el gobernador de la Provincia El Loa para sumarse a la campaña presidencial de Guiller". SoyChile.cl. 31 de maio de 2017. Consultado o 20 de febreiro de 2017.
- ↑ "Provincia El Loa ya tiene nuevo gobernador". SoyChile.cl. 21 de xuño de 2017. Consultado o 20 de febreiro de 2021.