El Látigo (Xinzo de Limia)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Látigo
editar datos en Wikidata ]

El Látigo foi un semanario editado en Xinzo de Limia en 1923.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario independiente defensor de los derechos populares, apareceu o 27 de marzo de 1923. Fundado e dirixido por Francisco Seijo Iglesias. Celso Nieto Oliva era o redactor-xefe e entre os seus colaboradores figuraban Luciano F. Bello, Luis Seijo, Álvaro Rodríguez, José Vidal de Bustamante, Antonio Nieto Oliva e Edmundo Ballesteros. Defendeu a política do deputado polo distrito de Xinzo de Limia Luis Usera Bugallal. Cesou a súa publicación co número 13, o 3 de xullo de 1923.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martínez Cerredelo, Edelmiro (2005). A prensa en Xinzo de Limia: Século XX (1911-1925). Xinzo de Limia: Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso". pp. 48–50. ISBN 84-689-5317-2.