Antonio Nieto Oliva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Nieto Oliva
Nacemento14 de novembro de 1899
 Xinzo de Limia
Falecemento29 de xullo de 1986
 Xinzo de Limia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Antonio Nieto Oliva, nado en Xinzo de Limia o 14 de novembro de 1899 e finado no mesmo concello o 29 de xullo de 1986, foi un comerciante, xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Antonio Nieto. Fixo o servizo militar en Madrid e estivo en Melilla en 1923. Volveu a Xinzo de Limia para atender o comercio "La Moda" dos Herdeiros de Antonio Nieto. Colaborou en Juventud, El Agrario e El Látigo e fundou e dirixiu El Pueblo Antelano. Foi correspondente en Xinzo de Limia de El Pueblo Gallego, colaborou en Vida Gallega, e durante a década dos cincuenta de La Región. Tamén publicou artigos e poemas en Faro de Vigo, Nuevo Támega, Eco de Galicia e Alfar. Na Segunda República formou parte do comité provisional do Partido Agrario Regionalista. No franquismo foi secretario de Acción Católica e presidente do Casino Antelano en varias ocasións. Era curmán de Manuel Casado Nieto, co que mantiña unha estreita relación.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Baixo o ceo de Melilla. Crónicas de África.
  • Collar de estrellas. (Poemas galantes), 1933.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martínez Cerredelo, Edelmiro (2005). Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso", ed. A prensa en Xinzo de Limia: Século XX (1911-1925). Xinzo de Limia. pp. 41–42. ISBN 84-689-5317-2.