Francisco Seijo Iglesias
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1875 Ourense, España |
Morte | 5 de xaneiro de 1940 (64/65 anos) Xinzo de Limia, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Francisco Seijo Iglesias, nado en Ourense en 1875 e finado en Xinzo de Limia o 5 de xaneiro de 1940, foi un reloxeiro e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do xoieiro Seijo Brasa, casou en Ourense e trasladouse a Xinzo de Limia onde montou unha reloxería. Foi auxiliar de secretaría do concello de Xinzo de Limia e secretario do concello de Trasmiras. Colaborou en Juventud, do que foi nomeado xerente, foi director de El Agrario e fundou e dirixiu El Látigo. O seu fillo Luis Seijo Villarino colaborou en El Camelo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martínez Cerredelo, Edelmiro (2005). Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso", ed. A prensa en Xinzo de Limia: Século XX (1911-1925). Xinzo de Limia. ISBN 84-689-5317-2.