Saltar ao contido

El Inquilino Comunista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
El Inquilino Comunista
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
Datas
 Fundación / creación
1992 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF139759756 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000514562095 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01r0lv7 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX200800 Musicbrainz: 2b02de33-cb29-401f-8ced-d8696e256b39 Discogs: 1436608 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

El Inquilino Comunista é unha banda de indie-rock procedente de Getxo (Euskadi) considerada pioneira deste estilo musical na península xunto a Los Planetas ou Penelope Trip. O seu estilo foi a miúdo denominado noise-pop e bebía de referentes principalmente estadounidenses dos últimos 80 e primeiros 90 como Pixies, Sonic Youth, Pavement ou Dinosaur Jr, ademais de Velvet Underground.

Alleos á industria musical e máis dispostos a divertirse emulando aos seus ídolos que a agradar a un gran público, o cuarteto cantaba en inglés, a pesar do seu nome, que fai referencia á menstruación, e, como os citados referentes, baseou a súa música na melodía e nunha distorsión que foi pulíndose na súa curta evolución.

Publicaron tres discos entre 1993 e 1996, El Inquilino Comunista, Bluff e Discasto ademais de varios singles e EPs.

No 2006, e trala publicación dunha caixa recopilatoria (Dogbox), volveron subir a un escenario para unha festa aniversario dun selo discográfico nun concerto dobre en Madrid e Barcelona canda Devendra Banhart, e máis tarde para participar na primeira edición do Bilbao Live Festival, onde retomaron o contacto co público da súa localidade.

O grupo segue reuníndose de vez en cando para tocar.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  1. "Extended Play" (Radiation, 1992). EP.
  2. "El Inquilino Comunista" (Radiation, 1993). LP.
  3. "Trash" (Factory, 1994). EP.
  4. "Bluff" (Radiation, 1995). LP.
  5. "Radio C.D." (Radiation, 1995), EP.
  6. "Discasto!!" (Radiation, 1996). LP.
  7. "Dogbox" (Everlasting, 2005). Recompilatorio.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]