El Fomento de Galicia (1858)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Fomento de Galicia foi un periódico editado na Coruña en 1858.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico destinado exclusivamente al desarrollo de los intereses materiales del país, apareceu o 14 de febreiro de 1858. Publicábase os domingos, mércores e venres de cada semana. Editado e impreso por Juan Rey Romero, o secretario de redacción era Federico Martínez de la Riva. Os redactores eran Antonio de la Iglesia, Francisco María de la Iglesia, Manuel Bada e José López de la Vega; e entre os seus colaboradores figurou Xoán Manuel Pintos. Ademais de información económica e social, incluíu composicións poéticas en galego.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]