El Eco de Galicia (Santiago de Compostela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 29 de maio de 2015 ás 11:04 por Elisardojm (conversa | contribucións) (amaño referencia)

El Eco de Galicia foi un periódico bisemanal editado en Santiago de Compostela entre 1851 e 1852.

Historia e características

Apareceu o 30 de marzo de 1851 fundado por Antonio Neira de Mosquera, quen ademais era o redactor principal. O periódico mantívose fiel á súa máxima de mellorar a industria e o comercio galegos, potenciando outras iniciativas que puidesen redundar no progreso de Galicia. Tamén realizou unha defensa de Santiago de Compostela como capital de Galicia. Publicou "Un recordo" de Marcial Valladares Núñez e "Diego e Cristobo" de Vicente Turnes. Cesou a súa publicación o 10 de marzo de 1852.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8. 

Ligazóns externas