El Diario de Huesca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Diario de Huesca

Portada do primeiro número do xornal.
TipoInformación xeral
Corbranco e negro
Fundación16 de novembro de 1875
Remata1936
FundadorManuel Camo Nogués
TendenciaLiberal progresista
Linguacastelán
Periodicidadediaria
editar datos en Wikidata ]

El Diario de Huesca foi un xornal de circulación diaria publicado na cidade española de Huesca entre 1875 e 1936.[1][2]

Descrición[editar | editar a fonte]

Fundado e dirixido até 1911 por Manuel Camo Nogués, o seu primeiro número apareceu o 16 de novembro de 1875.[2] Foi considerado «o medio máis influente da historia xornalística altoaragonesa».[3]

Contou con colaboracións de Joaquín Costa[4] e nel enxalzouse nos seus inicios á Institución Libre de Ensino e a figura de Emilio Castelar.[5] Porén, a finais do século XIX a publicación distanciaríase tanto de Costa como da ILE, por mor da diverxencia ideolóxica destes con El Diario de Huesca,[4] cuxo director, Manuel Camo, foi descrito como un «arquetipo do cacique decimonónico».[6] Durante a ditadura de Primo de Rivera, coa que o diario se mostrou crítico, estivo dirixido por Luis López Allué.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]