Octavio Lois Amado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Octavio Lois Amado
Nacemento14 de agosto de 1857
 Sanxenxo
Falecemento9 de agosto de 1888
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Octavio Lois Amado, nado en Sanxenxo o 14 de agosto de 1857 e finado en Pontevedra 9 de agosto de 1888, foi un científico, escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. En 1882 foi premiado pola Academia gaditana de Ciencias y Artes polo traballo "La palabra imposible no puede emplearse en el lenguaje de la ciencia". Foi redactor do Diario de Pontevedra e colaborador de El Anunciador, La Ilustración Cantábrica, El Comercio Gallego da Coruña e da Revista de España (1881). Instalouse en Bilbao en 1884, onde dirixiu a Revista de Vizcaya (1885). Cara a 1886 foi nomeado subdirector do Instituto Meteorológico Central.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Recreaciones científicas, 1881.
  • Lo accesible y lo inaccesible. Estudios populares de filosofía positivista, 1886.
  • Compendio foral de Vizcaya, 1886.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]