El Noroeste (1880)
El Noroeste foi un xornal que se editou na Coruña entre 1880 e 1881.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Periódico de La Coruña. Político independiente de la tarde, defensor del comercio y de la industria apareceu o 3 de febreiro de 1880 como continuación de El Comercio Gallego. Foi o seu fundador-propietario e administrador Juan Cuenca e estaba dirixido por Joaquín Castro Arias. Os seus redactores eran o propio Joaquín Castro e Ricardo Acevedo Fullós. Entre os seus colaboradores figuraban Trillo, Golpe, Montes, Salinas e Sors. De tendencia demócrata e rexionalista, editábase na imprenta do mesmo nome, propiedade de Ramón Faginas, na que tamén se editaba a Revista de Galicia. Cando o seu director Castro Arias marchou a Bos Aires, sucedeuno José María Montes. Suspendido en agosto de 1881, transformouse en El Progreso de Galicia.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Edicións do Castro. ISBN 84-7492-489-8.