El Camino: A Breaking Bad Movie
| El Camino: A Breaking Bad Movie | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons |
El Camino: A Breaking Bad Movie (ou sinxelamente El Camino) é un filme estadounidense de 2019 que serve como continuación da serie de televisión Breaking Bad. O creador da serie, Vince Gilligan, escribiu, dirixiu e produciu o filme, e Aaron Paul retomou o seu papel como Jesse Pinkman. O argumento segue os eventos de Pinkman logo do remate da serie. Varios actores, incluíndo Bryan Cranston, Jesse Plemons, Krysten Ritter e Jonathan Banks, retomaron os seus papeis orixinais. El Camino tamén foi o derradeiro filme no que aparece Robert Forster, quen morreu o día da súa estrea.
Rumoreouse un filme de Breaking Bad despois de que a serie rematase no ano 2013. Gilligan propúxolle a idea a Paul en 2017, preto do décimo aniversario de Breaking Bad, e a rodaxe comezou en segredo en Novo México en novembro de 2018, durando uns 60 días. O proxecto permaneceu sen confirmar até agosto de 2019, cando Netflix lanzou un trailer.
El Camino estreouse dixitalmente en Netflix, así como nunha estrea limitada nos cinemas, o 11 de outubro de 2019. Recibiu valoracións positivas por parte da crítica, que encomiou a interpretación de Paul e considerou o filme como un peche para os seareiros da serie.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Aaron Paul como Jesse Pinkman
- Jesse Plemons como Todd Alquist
- Krysten Ritter como Jane Margolis
- Charles Baker como Skinny Pete
- Matt Jones como Brandon "Badger" Mayhew[1]
- Scott Shepherd como Casey
- Scott MacArthur como Neil
- Tom Bower como Lou
- Kevin Rankin como Kenny
- Larry Hankin como Old Joe[2]
- Tess Harper como Diane Pinkman
- Michael Bofshever como Adam Pinkman
- Marla Gibbs como Jean
- Brendan Sexton III como Kyle
- Johnny Ortiz como Busboy
- Robert Forster como Ed Galbraith
- Jonathan Banks como Mike Ehrmantraut[3]
- Bryan Cranston como Walter White
- Todd Terry como SAC Ramey[4]
- David Mattey como Clarence "Man Mountain"[5]
- Julie Pearl como Suzanne Ericsen[6]
- Simon Drobnik como oficial de policía
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Porter, Rick (17 de setembro de 2019). "'Breaking Bad' Movie: Matt Jones Reprises Series Role (Exclusive)". The Hollywood Reporter. Consultado o 17 de setembro de 2019.
- ↑ Bonomolo, Cameron (29 de setembro de 2019). "New El Camino Movie Trailer Features Return of Another Breaking Bad Character". Comicbook.com. Consultado o 29 de setembro de 2019.
- ↑ ET Canada, ed. (22 de setembro de 2019). "Jonathan Banks Confirms 'El Camino' Role". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2019. Consultado o 23 de setembro de 2019.
- ↑ Snierson, Dan (11 de outubro de 2019). "13 Breaking Bad characters who returned in El Camino". Entertainment Weekly. Consultado o 12 de outubro de 2019.
- ↑ Gallagher, Caitlin (11 de outubro de 2019). "17 ‘Breaking Bad’ Easter Eggs In ‘El Camino’ That Even Fanatics May Have Missed". Bustle. Consultado o 12 de outubro de 2019.
- ↑ Sepinwall, Alan (12 de outubro de 2019). "‘El Camino: A Breaking Bad Movie’ Recap: Jesse Pinkman Is Born Again". Rolling Stone. Consultado o 12 de outubro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
- El Camino: A Breaking Bad Movie na IMDb (en inglés).