Elías Santomé Santamarina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Elías Santomé Santamarina
Nacementoséculo XIX
Lugar de nacementoRiotorto
Falecemento1940
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
IrmánsSaturnino Santomé Santamarina
editar datos en Wikidata ]

Elías Santomé Santamarina, nado en Meilán (Riotorto) e finado en 1940, foi un agrarista, agrimensor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vicepresidente da Sociedad de Labradores y Agricultores de Riotorto. Foi fundador e director do periódico El Agricultor. Foi elixido concelleiro de Riotorto en 1909. Formou parte da xunta directiva da Federación Agropecuaria del Norte Galaico. Foi Xuíz municipal de Riotorto (1916-1919). Na ditadura de Primo de Rivera foi presidente da Unión Patriótica de Riotorto[1].

Casou con Rosalía Rico Castro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 27-6-1928, p. 13.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fernández Salgado, Benigno (2007). Sociedade Anónima Xestión do Plan Xacobeo, ed. “El Agricultor: agrarismo solidario e rexionalismo lingüístico” en El Agricultor. Edición Facsimilar. Santiago de Compostela. pp. 7–166.