Saturnino Santomé Santamarina
Saturnino Santomé Santamarina | |
---|---|
Nacemento | século XIX |
Lugar de nacemento | Santa Marta de Meilán |
Falecemento | 19 de xullo de 1933 |
Lugar de falecemento | Santa Marta de Meilán |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
Irmáns | Elías Santomé Santamarina |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Saturnino Santomé Santamarina, nado en Santa Marta de Meilán (Riotorto) en finado na mesma parroquia o 19 de xullo de 1933,[1] foi un agrarista e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Irmán de Elías Santomé Santamarina. Colaborou en El Agricultor. Foi elixido concelleiro de Riotorto pola Candidatura Social da Sociedad de Labradores y Agricultores de Riotorto en maio de 1909. Foi secretario do xulgado de Abadín (1909) e secretario do concello de Riotorto (1923-1929). Morreu en Santa Marta de Meilán aos 61 anos.
Casou con Amalia Gavín Gallo, irmá de Venancio Gavín Gallo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 23-7-1933, p. 4.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Fernández Salgado, Benigno (2007). Sociedade Anónima Xestión do Plan Xacobeo, ed. “El Agricultor: agrarismo solidario e rexionalismo lingüístico” en El Agricultor. Edición Facsimilar. Santiago de Compostela. pp. 7–166.