Einés de Roma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEinés de Roma

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Agnes Romana Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo III Editar o valor em Wikidata
Roma Editar o valor em Wikidata
Morteséculo IV Editar o valor em Wikidata
Roma Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDecapitación Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Santa Inês fora dos Muros (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCristianismo Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa21 de xaneiro Editar o valor em Wikidata
Símbolo iconográficoAño, martyr's palm (en) Traducir e espada Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 93189319 Editar o valor em Wikidata

Einés de Roma[1], máis coñecida como Santa Einés, coa variante Inés[1], foi unha virxe romana, que sufriu o martirio, durante a persecución de Diocleciano, no ano 304. Xunto con Santa Icía, é unha das mártires máis populares.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Segundo as Actas dos mártires, Einés era unha bela moza proveniente dunha nobre familia romana. Tivo varios pretendentes, aos que rexeitou por declararse fiel amante de Cristo. Entre eles contábase o fillo do prefecto de Roma, quen a denunciou ao seu pai por ser cristiá. Naqueles tempos, os cristiáns atopábanse baixo a persecución de Diocleciano e condenábaselles coa morte se se negaban a santificar aos deuses romanos.

Foi xulgada e sentenciada a vivir nun prostíbulo onde, milagrosamente, permaneceu virxe. Segundo as Actas do seu martirio, aínda que foi exposta espida, os cabelos crecíanlle de maneira que tapaban o seu corpo. O único home que tentou abusar dela quedou cego, pero Inés curouno a través das súas pregarias. Máis tarde foi condenada á morte, e, cando ía ser degolada, o verdugo tentou que abxurase, pero non o conseguiu.

Foi sepultada na Vía Nomentana. Poucos días despois da súa morte atopouse coa súa mellor amiga e irmá de leite, unha moza da súa idade chamada Santa Emerenciana, rezando xunto á tumba; cando Santa Emerenciana increpou aos romanos por matar á súa amiga, foi morta a pedradas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-18. 
  2. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-18.