Eijitsu shōhin
Aparencia
Eijitsu shōhin | |
---|---|
Autor/a | Natsume Sōseki |
Lingua | lingua xaponesa |
Xénero(s) | ensaio |
Data de pub. | maio de 1910 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Eijitsu shōhin (xaponés: 永日小品; "Esbozos de primavera") é unha escolma de relatos do escritor nipón Natsume Sōseki (1867-1916), publicados orixinalmente no xornal Asahi Shimbun durante o ano 1909.
Contidos[editar | editar a fonte]
A obra está composta por 25 textos, redactados entre o 1 de xaneiro de 1909 e o 12 de marzo do mesmo ano. Están escritos como as páxinas dun diario, xa que recollen os seus pensamentos e lembranzas. Por exemplo, rememora a súa época de estudante en Londres,[1] ou as numerosas visitas que recibiu na súa casa xa como novelista de éxito.
Traducións[editar | editar a fonte]
En castelán[editar | editar a fonte]
- Misceláneas primaverales (2013). Tradución directa do xaponés de Akira Sugiyama. Satori Ediciones. ISBN 978-84-17419-92-9.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Pichler 2013, p. 58.
- ↑ "Libro Misceláneas primaverales". satoriediciones.com. Consultado o 2024-05-16.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Pichler, Andreas (2013). "“Braving the London fog”: Natsume Sōseki’s 'The Tower of London'". The IAFOR Journal of Literature and Librarianship (en inglés) 2 (1): 57–65. doi:10.22492/ijl.2.1.04.