Ehki ya shahrazade
Aparencia
Ehki ya shahrazade | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | إحكي يا شهرزاد |
Director | Yousry Nasrallah |
Produtor | Misr Cinema Company |
Guión | Yousry Nasrallah |
Intérpretes | Sawsan Badr Mahmoud Hemeda Rehab El Gamal Hassan El Raddad Mona Zakki |
Música | Tamer Karawan |
Fotografía | Samir Bahsan |
Montaxe | Mona Rabi |
Estrea | ![]() |
Duración | 135 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Recadación | 12 000 000 |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Ehki ya shahrazade (en árabe: إحكي يا شهرزاد) é un filme exipcio dirixido por Yousry Nasrallah. O filme foi estreado nuns 60 cinemas de Exipto en xuño de 2009.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Hebba, unha presentadora de televisión, ten un exitoso programa de debates políticos dunha cadea privada. Karim, o seu marido, é o director adxunto dun xornal propiedade do goberno e soña con chegar a ser o director. Os peixes gordos do partido convénceno de que as intromisións da súa muller no eido político poñen en risco a súa promoción. Servíndose do seu encanto e das súas armas sexuais, convence a Hebba para que escolla temas sociais que non afecten ó goberno.
Galardóns
[editar | editar a fonte]- Premio Lina Mangiacapre no Festival de cine de Venecia 2009.[1]
- Premio do público no Festival dos Tres Continentes (Nantes), Francia 2009.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ehki ya shahrazade na IMDb (en inglés).