Efecto Pigmalión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O efecto Pigmalión, en psicoloxía e pedagoxía, é un dos sucesos que describe como a crenza que ten unha persoa pode influír no rendemento doutra persoa. Isto supón, polo tanto, algo importante de coñecer e estudar para os profesionais do eido educativo, laboral, social e familiar.

O efecto Pigmalión pódese identificar dos seguintes xeitos:

  • Suceso polo que unha persoa consegue o que se propoñía previamente por mor da crenza de que pode conseguilo.
  • "As expectativas e previsións dos mestres sobre o xeito no que dalgunha forma se conducirían os alumnos, determinan precisamente as condutas que os mestres agardaban." (Rosenthal e Jacobson).
  • Unha profecía autocumprida é unha expectativa que dá azos ás persoas a actuar en formas que fan que a expectativa se volva certa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Sánchez Hernández, M. y López Fernández, M. (2005) Pigmalión en la escuela. Editorial Universidad Autonómica de la Ciudad de México. México D.F.
  • Díaz-Aguado, M.J. Y Baraja, A. (1988) Interacción educativa y desventaja sociocultural: Un modelo de intervención para favorecer la adaptación escolar en contextos inter-étnicos.
  • Meirieu, P. (1998) Frankenstein educador. Laertes S. A. Barcelona.