Eduardo Sánchez Lata
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1904 Vilardevesa, España |
Morte | década de 1940 (35/45 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Eduardo Sánchez Lata, nado en Vilardevesa (Cabrui, Mesía) cara 1904 e finado na Coruña, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi un dos autores dun atraco ao muíño de Ramón Sar na Illana (Fisteus, Curtis) o 30 de marzo de 1940. O atraco frustrouse e os dous asaltantes foron perseguidos por veciños armados liderados polo alcalde de Curtis. Eduardo recibiu un disparo e foi apresado e entregado no cuartel da Garda Civil. Procesado por un delito de rebelión militar, foi condenado a morte. No xuízo acusou a Benigno Andrade García de ser o seu cómplice no atraco, pero este negouno cando foi procesado en 1952. Morreu no cárcere da Coruña antes de que se executase a sentenza.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pazos Gómez, Manuel (2011). A guerra silenciada. Mortes violentas na comarca de Ordes 1936-1952. pp. 120–121.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Censo das mortes violentas na comarca de Ordes (1936-1952) Arquivado 03 de xuño de 2018 en Wayback Machine.