Eduardo Cifuentes Las Catalinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEduardo Cifuentes Las Catalinas
Biografía
Nacemento9 de xaneiro de 1883 Editar o valor em Wikidata (141 anos)
Chaguazoso, A Mezquita, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata

Eduardo Cifuentes Las Catalinas, nado en Chaguazoso (A Mezquita) o 9 de xaneiro de 1883,[1] foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, rematando en 1907.[2] Foi nomeado mestre interino da Vilavella en 1913.[3] Despois foi mestre de Membrillar (Saldaña, provincia de Palencia). Mestre de Chaguazoso dende os anos vinte, na República era militante de Acción Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado. Foi destituído como mestre. En marzo de 1937 pasou a Portugal onde foi detido e devolto ás autoridades franquistas. Xulgado en consello de guerra na causa 1082/37 por adhesión á rebelión o 10 de decembro de 1937, foi condenado a cadea perpetua. Cumpriu condena na prisión da Coruña. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en xaneiro de 1938,[4] e foi condenado a pagar unha multa de 250 pesetas en 1939. Depurado do maxisterio foi sancionado en 1940 con suspensión de emprego e soldo por dous anos e traslado forzoso fora da provincia.[5] Foi trasladado a Quecedo (Merindad de Valdivielso, na provincia de Burgos) en decembro de 1940.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 16. 
  2. El Eco de Santiago, 19-12-1907, p. 2.
  3. El Correo de Galicia, 1-4-1913, p. 2.
  4. BOP Ourense, 21-1-1938, p. 3.
  5. La Región, 8-5-1940, p. 4.
  6. La Región, 15-12-1940, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pereira, Dionisio (2008). "Alzamento fascista e represión no camiño de ferro Zamora-Ourense. Bisbarras de Monterrei, As Frieiras, As Portelas e Seabra". A Trabe de Ouro (73): 13–38. 
  • Prada Rodríguez, Julio (2004). Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión. Sada: Do Castro. ISBN 978-84-8485-157-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]