Eduardo Andicoberry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Eduardo Andicoberry Ruiz»)
Infotaula de personaEduardo Andicoberry

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1888 Editar o valor em Wikidata
Erandio, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de xaneiro de 1948 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Tetuán, Marrocos Editar o valor em Wikidata
Gobernador civil da provincia de Lugo
19 de decembro de 1933 – 27 de xuño de 1934 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Eduardo Andicoberry Ruiz, nado en Erandio (Biscaia) en 1888 e finado en Tetuán o 5 de xaneiro de 1948[1], foi un xornalista, escritor e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Criado e educado entre Sevilla e Cádiz, onde o seu pai xestionaba unha compañía comercial dedicada á exportación, principalmente de viños de Xerez. Pertenceu á Juventud do Partido Republicano Radical en Cádiz e foi redactor de El Radical Gaditano en 1908. Traballou en España Nueva, El Radical de Madrid, El Mundo, Semanario El Momento e dende 1919 foi redactor de El Imparcial até a súa desaparición definitiva en 1933 (do que foi o seu último director).

Coa proclamación da Segunda República foi candidato do Partido Radical pola provincia de Xaén nas eleccións a deputados de 1931, non resultando elixido. En 1932 foi nomeado secretario do Comité Nacional do Partido Radical. Logo do triunfo da coalición antimarxista, na que estaba integrado o PRR nas eleccións de decembro de 1933, foi nomeado gobernador civil de Lugo o 20 de decembro de 1933, permanecendo no cargo até o 28 de xuño de 1934, cando foi cesado por diferenzas co seu partido. Abandonou a política, o xornalismo e a literatura. En 1936 traballaba como operario nunha fábrica de gasosas.

Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido en Madrid e posto a disposición dos Tribunales Populares de Urgencia por presunta desafección á República. Pasou un tempo na prisión de Porlier e foi finalmente posto en liberdade grazas ás testemuñas exculpatorias de significados dirixentes republicanos. No franquismo foi xefe de redacción na Xefatura de prensa do Protectorado Español de Marrocos.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Lo que queda.
  • Más que hembras, 1913.
  • La felicidad, 1915.
  • No son tan complejas, 1916.
  • El horror del silencio, 1916.
  • Tragedia sin sangre, 1917.
  • El crimen de ser padre, 1918.
  • La verdad de las cosas, 1923.
  • Tartarín en Madrid, 1930.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]