Saltar ao contido

Ediciós da Rotonda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ediciós da Rotonda
Tipoeditorial
Data de fundación2005
SedeA Coruña
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Ediciós da Rotonda foi unha editorial creada pola xornalista María Yáñez e o deseñador web Berto Yáñez [1] co obxectivo de distribuír publicacións exclusivamente a través de Internet, sempre mediante licenzas Creative Commons. Foi, pois, a primeira editora destas característas en Galiza. O proceso de edición formulábase similar ao dunha editora tradicional, con selección do material, corrección, maquetación e promoción. No entanto, nos tres anos do proxecto (2005-2008) só se editou unha obra, O home inédito, de Carlos Meixide, o primeiro libro galego e en galego en se divulgar nun formato destas características. Posteriormente, grazas ao éxito obtido e mercé a un acordo coa Rinoceronte Editora, viu a luz tamén no formato papel.

  1. "Información - Ediciós da rotonda". web.archive.org. 2006-08-29. Archived from the original on 29 de agosto de 2006. Consultado o 2019-02-01. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]