Ecuación química

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Reacción de combustión do metano (debaixo) e representación de modelos das moléculas (arriba).

Unha ecuación química é unha descrición simbólica dunha reacción química. Mostra as substancias que reaccionan (chamadas reactivos ou reactantes) e as substancias que se orixinan (chamadas produtos). A ecuación química axuda a visualizar os reactivos que son os que terán unha reacción química e os produtos, que son as substancias que se obteñen deste proceso. Ademais pódense situar os símbolos químicos de cada un dos elementos ou compostos que estean dentro da ecuación e poder balancealos con maior facilidade.[1]

En 1615 Jean Beguin publicou Tyrocinium Chymicum, un dos primeiros traballos escritos sobre química, onde redacta a primeira ecuación química da Historia.[2]

Requisitos dunha ecuación química[editar | editar a fonte]

Unha ecuación química debe:[1]

Interpretación dunha ecuación química[editar | editar a fonte]

Un caso xeral de ecuación química sería:

onde:

A interpretación física dos coeficientes estequiométricos, se estes son números enteiros e positivos, pode ser en átomos ou moles. Así, diríase que a ecuación de xeometría estequiométrica se subdivide na seguinte:

  • Cando "a" átomos (ou moléculas) de A reaccionan con "b" átomos (ou moléculas) de B producen "c" átomos (ou moléculas) de C, e "d" átomos (ou moléculas) de D.
  • Cando "a" moles de átomos (ou moléculas) de A reaccionan con "b" moles de átomos (ou moléculas) de B producen "c" moles de átomos (ou moléculas) de C, e "d" moles de átomos (ou moléculas) de D.

Por exemplo o hidróxeno (H2) pode reaccionar con osíxeno (O2) para dar auga (H2O). A ecuación química para esta reacción escríbese:

O símbolo "+" lese como "reacciona con", mentres que o símbolo "→" lese como "produce". Para axustar a ecuación, poñemos os coeficientes estequiométricos:[1]

P4O10 + 6 H2O → 4 H3PO4 Esta ecuación química está a ser balanceada multiplicando H3PO4 por catro para igualar o número de átomos de fósforo, e logo multiplicando H2O por seis para igualar o número de átomos de H e O nos dous lados da ecuación.

A ecuación está axustada e pode ser interpretada como 2 mol de moléculas de hidróxeno reaccionan con 1 mol de moléculas de osíxeno, producindo 2 mol de moléculas de auga.

As fórmulas químicas á esquerda da data de reacción ("→") representan as substancias reaccionantes ou reactantes; á dereita da data de reacción ("→") están as fórmulas químicas das substancias producidas, denominadas produtos.[2]

Os números diante das fórmulas son chamados coeficientes estequiométricos. Estes deben ser tales que a ecuación química estea balanceada, é dicir, que o número de átomos de cada elemento das substancias reaccionantes e dos produtos da reacción sexa o mesmo.[2] Os coeficientes deben ser enteiros positivos, e o un omítese. Nas únicas reaccións que isto non se produce é nas reaccións nucleares.[2]

Adicionalmente, pódense agregar (entre paréntese e como subíndice) o estado de agregación molecular de cada substancia participante: sólido (s), líquido (l), acuoso (aq) ou gasoso (g).[1]

No exemplo da auga:

Outros símbolos utilizados para indicar o tipo de reacción son:[1]

  • "" indica unha relación estequiométrica.
  • "" indica unha reacción neta cara á dereita.
  • "" indica unha reacción en ambas as direccións.
  • "" indica un equilibrio químico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 IUPAC. Compendium of Chemical Terminology, 2nd ed. ISBN 0-9678550-9-8.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Crosland, M.P. (1959). "The use of diagrams as chemical 'equations' in the lectures of William Cullen and Joseph Black." Annals of Science, Vol 15, No. 2, Jun.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Química Escrito por William S Seese, G William Daub (books.google.es)

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]