Economía de San Tomé e Príncipe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de San Tomé e Príncipe
Moeda Dobra
Organizacións comerciais de que fai parte dato non dispoñíbel
Datos estatísticos[1]
PIB US$ 276,6 millóns (2008)
PIB (posición) 213ª no mundo[2]
% de crecemento PIB 5,5% (2008)
PIB per cápita US$ 1300 (2008)
PIB por sector agricultura 14,6%, industria 14,6%, comercio e servizos 70,8% (2008)
Inflación anual 27%
Poboación abaixo da liña da pobreza 54% (2004)
Total da forza de traballo 35 050 (1991)
% traballadores por sector dato non dispoñíbel
Desemprego dato non dispoñíbel
Parcerías comerciais[1]
Exportacións (US$) 9 millóns f.o.b. (2008)
Principais produtos exportados cacao 80%, copra, café, aceite de palma
Principais mercados Países Baixos 23,7%, Bélxica 23,7%, Francia 12,9%, Estados Unidos 5,9%, Portugal 4,1% (2007)
Importacións (US$) 91 millóns (2008)
Principais produtos importados máquinas e equipamentos eléctricos, alimentos, derivados de petróleo
Principais parceiros Portugal 62,2%, Estados Unidos 11,6%, Gabón 4,5% (2007)
Finanzas públicas[1]
Débeda externa US$ 318 millóns (2002)
Receitas (US$) 47,65 millóns
Despesas (US$) 51,48 millóns
Ajuda económica recibida (US$) 31,9 millóns (2000)[3]

Desde 1800, a economía de San Tomé e Príncipe baseouse na agricultura. No tempo da independencia, as plantacións de propiedade dos portugueses ocupaban o 90% das terras cultivables. Logo da independencia, o control destas plantacións pasaron a varias empresas agrícolas estatais, que se foron privatizando co tempo. O cultivo dominante en San Tomé e Príncipe é o cacao, que representa un 95% das exportacións. Outros produtos son a copra, palmeira anana, banana e café.

A produción doméstica é inadecuada para o consumo local, polo que o país importa parte desta comida. O goberno, nos últimos anos, esforzouse en expandir a produción alimenticia e outros grandes proxectos, a meirande parte financiada por doantes estranxeiros.

Ademais da agricultura, a principal actividade económica é a pesca e pequenas industrias do sector alimenticio. As paisaxes das illas teñen un potencial atractivo turístico, e o goberno está tratando de mellorar a infraestrutura do lugar, que ata o momento é precaria. O sector do goberno representa un 11% do emprego.

O país ten reservas de petróleo no seu mar territorial que están sendo pesquisadas en conxunto coa Nixeria.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2015. Consultado o 31 de xullo de 2009. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 31 de xullo de 2009. 
  3. Globaledge.msu.edu[Ligazón morta]