Eberardo de Friúl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eberardo de Friúl
Reliquaire de saint Évrard.jpg
Nacemento810
 valor descoñecido
Falecemento16 de decembro de 866
 Reino longobardo
SoterradoCysoing
NacionalidadeRepública de Venecia
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónfeudatory
PaiUnruoch II of Friuli
NaiIngeltrud
CónxuxeGisela
FillosBerengário I, Unroch III de Friúl, Ingeltrud, Heilwise of Friuli e Adelardo
IrmánsBerenguer de Tolosa
editar datos en Wikidata ]

Eberardo (ou Evrardo), dito o Santo, nado en 820 e finado o 16 de decembro de 866, foi marqués de Friúl. Naceu durante o reinado de Carlomagno e morreu baixo Luís o Piadoso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixes familiares[editar | editar a fonte]

Era fillo de Unroch de Friúl e de Engeltruda de París, filla de Bigón de París e irmán de Berenguer o Sabio.

Educación[editar | editar a fonte]

Recibiu educación na Escola Palatina fundada por Carlomagno e dirixida por Alcuíno, onde estudou os temarios medievais coñecidos como trivium e quadrivium. Alí naceu o seu interese pola ciencia e as letras e, ao mesmo tempo, desenvolveu a súa famosa piedade.

Non hai dúbida de que foi estando na Escola Palatina, cando Eberardo comezou a construír unha gran biblioteca que organizou con gran coidado e vontade.

Feitos notábeis[editar | editar a fonte]

Cando a súa idade lle permitiu levar armas, participou en numerosas expedicións militares. Defendeu o seu país contra a invasión dos búlgaros e expulsounos completamente da Península (825 - 830). En recompensa polos seus servizos, no ano 836 o emperador Luís o Piadoso concedeulle o maior honor posíbel: a man da súa filla, a princesa Xisela, en matrimonio. Entre os ricos dominios do dote da princesa, estaba o Pago de Cysoing, preto de Lille. Pareceulles un lugar agradábel e convertérono nunha das súas residencias habituais.

Eberardo e Xisela decidiron fundar un mosteiro en Cysoing. O proxecto foi longo e difícil e non estaba completo cando morreron os impulsores da súa creación. O mosteiro foi inicialmente consagrado ao Santo Salvador e María (nai de Xesús). Os monxes vivían en comunidade seguindo os preceptos canónicos e con todo o rigor do claustro. A súa principal función era cantar solemnemente na igrexa. Sábese que Eberardo gozaba cantando xunto co coro.

Durante os anos tráxicos (830 - 839), cando o emperador sufrira nas mans do seu propio fillo unha rebelión, o conde Eberardo permaneceu totalmente fiel.

Usou a súa influencia sobre Lotario (o fillo máis vello do Emperador) para atopar o xeito de que o pai e o fillo se reconciliasen. Durante o Concilio de 839, Lotario arrastrouse implorando perdón ao seu pai.

A actividade de Eberardo non se limitou ao Pago de Cysoing, tamén participou libremente nos asuntos doutros territorios e do imperio en xeral. O emperador Luís o Piadoso morreu en 840 e a guerra, unha guerra cruel e desapiadada, estalou entre o emperador Lotario I e os seus dous irmáns, Luís o Xermánico e Carlos o Calvo.

Eberardo lamentou esta loita fratricida e esforzouse por detela. Logo da sanguenta batalla de Fontenay, o 25 de xuño de 841, conduciu o embaixador de Lotario onda os seus irmáns para levar a cabo as negociacións de paz. A conferencia tivo lugar en Milin, preto de Châlons na Champaña. Decidiuse dividir o Imperio entre os tres irmáns. Os negociadores, entre os que se atopaba Eberard, encargáronse de facer unha partición xusta e equitativa. Non foi antes de agosto de 843 cando se presentou o informe aos tres reis en Verdún. As negociacións terminaron e restaurouse a paz entre os tres irmáns.

Despois de que a guerra terminase e se asinase o tratado de paz, Eberardo marchou con urxencia a Italia, que naquel momento estaba baixo a ameaza dos sarracenos. Estes sarracenos foran chamados no 842 polo duque de Benevento. Supoñían unha ameaza e mesmo chegaron a saquear Roma en varias ocasións. Entón Eberardo, como duque de Friúl, erixiuse como líder de resistencia. A guerra durou ata que terminou o ano 851 coa derrota final dos sarracenos. Este feito supúxolle unha gran reputación como soldado e como líder.

No ano 858 foi enviado a Ulm como embaixador de Luís o Novo, fillo de Lotario, para estar co seu tío, Luís o Xermánico.

Desde entón non hai máis información sobre el ata o seu Testemuño. Un documento onde se fala sobre a vida de Eberardo e onde está o seu testamento. O Testemuño foi escrito en Italia, no castelo de Musiestro, no Condado de Treviso, no ano 867 .

Eberardo morreu a finais dese ano (16 de decembro).

Herdanza[editar | editar a fonte]

De acordo coa súa esposa, a princesa Xisela, Eberardo repartiu as súas posesións entre os seus descendentes vivos. O documento establece un repartimento igual das xoias e dos adornos, os obxectos valiosos da súa capela e os libros da súa biblioteca.

O fillo maior, Unroch, recibiu todas as propiedades de Lombardía e Xermania. O segundo, Berenguer, recibiu Annappes cos seus dominios excepto Gruson e as propiedades en Hesbaye e Condrost. O terceiro, Adalardo, recibiu Cysoing, Camphin, Gruson e Somain, con todos os cargos e títulos de Abadía na rexión. O cuarto, Raúl ou Rodolfo, recibiu Vitry-en-Artois e Mestucha, excepto a igrexa de Vitry que foi cedida á abadía de Cysoing.

Ás súas tres fillas, Ingletruda, Judit e Heilwida, deulles outros dominios: Ermen, Marshem, Balghingham, Heliwsheim, Hostrenheim, Luisinga, Wendossa e Engerresteim.

Eberardo tivo tres fillos máis, Eberardo, Alpais e Xisela. Os dous primeiros morreron moi novos, mentres que Xisela non herdou xa que morreu antes de que o seu pai organizase a distribución dos seus bens e propiedades.

Nupcias e descendentes[editar | editar a fonte]

Casou en 836 coa princesa Xisela, a filla do emperador Luís o Piadoso e, xuntos, tiveron dez fillos:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Theuws, Frans (2000). Rituals of Power: From Late Antiquity to the Early Middle Ages,503 pages/page 225,Christina La Rocca and Luigi Provero, THE DEAD AND THEIR GIFTS: THE WILL OF EBERHARD, COUNT OF FRIULI, AND HIS WIFE GISELA, DAUGHTER OF LOUIS THE PIOUS. Brill. 
  • Morby, John (1989). Dynasties of the World: a chronological and genealogical handbook. Oxford University Press. 
  • Louda, Jirí; MacLagan, Michael (1999). Lines of Succession: Heraldry of the Royal Families of Europe, 2nd edition. Little, Brown and Company.