Easy On Me

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

«Easy On Me» é unha canción composta e interpretada pola cantautora británica Adele para o seu cuarto álbum de estudo, 30 (2021). O tema foi lanzado ao mercado musical o 15 de outubro de 2021 a través de Columbia Records como o sinxelo principal de dito disco.[1] O tema marca o seu retorno á industria musical despois de máis de cinco anos de inactividade.[2] Adele escribiu a canción xunto a Greg Kurstin, quen tamén a produciu. Unha balada de produción minimalista, «Easy On Me» expresa temas de nostalxia, arrepentimento e perdón. A letra da canción representa a súplica de Adele ao seu fillo, pedíndolle que sexa paciente con ela e os seus problemas posteriores ao divorcio.[3]

Tras o seu lanzamento, «Easy On Me» recibiu comentarios positivos por parte dos críticos da música, eloxiando a súa letra conmovedora e a súa voz sentimental, aínda que algúns opinaron que a canción non coincidía coa altura dos seus sinxelos anteriores. O vídeo musical estreouse o mesmo día de lanzamento do sinxelo e foi dirixido polo cineasta canadense Xavier Dolan. Comercialmente, a canción obtivo marcas de maior cantidade de reproducións dunha canción nun día nas plataformas de música vía streaming de Spotify e Amazon Music.[4][5]

Antecedentes e promoción[editar | editar a fonte]

A partir do 1° de outubro de 2021, apareceron varios carteis e cercas publicitarias do número «30» en importantes monumentos e edificios en diferentes cidades do mundo.[6] Por mor disto, especulouse que todo estaba vinculado en gran medida ao título do próximo álbum de estudo de Adele.[7] O 4 de outubro, o sitio web da cantante e as súas contas oficiais en redes sociais actualizáronse por primeira vez en meses.[8] Ao día seguinte, a cantante publicou un adianto da canción e o seu vídeo musical a través dun clip instrumental que difundiu nas súas redes sociais.[9] Durante unha entrevista coa revista Vogue, Adele contou que traballou con Greg Kurstin na canción, quen estivo a cargo da produción.[10]

Vídeo musical[editar | editar a fonte]

O vídeo musical de «Easy on Me» filmouse do 15 ao 16 de setembro de 2021 en Quebec e foi dirixido polo cineasta Xavier Dolan quen previamente xa traballara con Adele no vídeo musical da súa canción «Hello».[11] A rodaxe tivo lugar no Chemin Jordan e o Domaine Dumont Chapelle Ste-Agnès na cidade de Sutton, situada no suroeste de Quebec.[12]

Comentarios da crítica[editar | editar a fonte]

Tras o seu lanzamento, «Easy On Me» recibiu comentarios positivos por parte dos críticos musicais.[13] Neil McCormick de The Daily Telegraph cualificou a canción como un «sinxelo de regreso audaz», contrastando «Easy On Me» que ten un arranxo simple de piano coa produción dunha balada poderosa como «Hello». Outorgoulle á canción unha cualificación de cinco estrelas de cinco, escribindo "Adele posúe a voz que atravesa no máis profundo na alma do mundo e canta con todo o seu corazón nesta canción."[14] O escritor de Evening Standard, Jochan Embley, eloxiou «Easy On Me» polo seu piano melancólico, a súa elegante voz e as súas melodías «harmoniosas». Embley agrega que a canción é un testemuño da resistencia de Adele ás tendencias da música pop, manténdose fiel ao seu estilo.[15] Por outra banda, Nick Levine de NME dixo: «Adele nunca soou mellor» como en «Easy On Me», facendo un regreso cunha «peza de balada clásica de Adele».[16]

Resultados comerciais[editar | editar a fonte]

«Easy On Me» saíu ao mercado musical o 15 de outubro de 2021 mediante o selo discográfico de Columbia Records. Tras o seu lanzamento, a canción rompeu a marca da canción máis reproducida nun só día en Spotify con máis de 24 millóns de reproducións globais, así como tamén a marca da canción máis reproducida nunha soa semana con 84.3 millóns de reproducións.[17] Así mesmo, rompeu dúas marcas máis en Amazon Music, o primeiro coa maior cantidade de reproducións no seu primeiro día a nivel mundial e o segundo coa maior cantidade de solicitudes de reprodución a Alexa durante o primeiro día para calquera canción en toda a historia de dita plataforma.[18]

Posicionamento en listas[editar | editar a fonte]

País Lista certificadora Mellor posición
Alemaña GfK Entertainment Charts[19] 1
Arxentina Arxentina Hot 100 (Billboard)[20] 51
Top 20 monitorLATINO AR[21] 6
Australia ARIA[22] 1
Austria Ö3 Austria Top 40[23] 1
Bélxica Ultratop 50 Singles (Flandes)[24] 1
Canadá Canadian Hot 100 (Billboard)[25] 1
España PROMUSICAE[26] 12
Estados Unidos Billboard Hot 100[27] 1
Adult Contemporary (Billboard)[28] 1
Francia SNEP[29] 2
India IMI[30] 9
Irlanda IRMA[31] 1
Italia FIMI[32] 1
Lituania AGATA[33] 1
Noruega VG-lista[34] 1
Nova Zelandia Recorded Music NZ[35] 1
Países Baixos Nederlandse Top 40[36] 1
Reino Unido UK Singles Chart[37] 1

Historial de lanzamento[editar | editar a fonte]

Datas de lanzamento e formatos de «Easy On Me»
Rexión Data Formato(s) Discográfica Ref.
Mundialmente 15 de outubro de 2021 Columbia
Estados Unidos 18 de outubro de 2021 Adult contemporary radio [38]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Adele presentó “Easy On Me”, la primera canción de su nuevo álbum". Infobae. 15 de outubro de 2021. Consultado o 15 de outubro de 2021. 
  2. "Adele anuncia regreso a la música después de 5 años con “Easy On Me”". LifeBoxset. 5 de outubro de 2021. Consultado o 12 de outubro de 2021. 
  3. ""Easy on Me": un homenaje de Adele al divorcio, al duelo y a la esperanza después de una ruptura". Infobae. 15 de outubro de 2021. Consultado o 24 de outubro de 2021. 
  4. "Adele batió el récord de escuchas en un día en Spotify con ‘Easy On Me’". Billboard Argentina. 21 de outubro de 2021. Consultado o 24 de outubro de 2021. 
  5. Mora, Francisca (17 de outubro de 2021). "Adele rompe récord en plataformas de streaming con “Easy On Me”". LOS40 Chile. Consultado o 24 de outubro de 2021. 
  6. "Las vallas publicitarias de Adele ’30’ apuntan a un nuevo álbum". 2 de outubro de 2021. Consultado o 12 de outubro de 2021. [Ligazón morta]
  7. "Adele podría regresar a la música; en todo el mundo aparecieron extraños carteles con el número '30'". LOS40 México. 6 de outubro de 2021. Consultado o 12 de outubro de 2021. 
  8. Fowler, Jean.G (4 de outubro de 2021). "Adele da señales de su regreso: ¿Por qué actualizó sus perfiles en redes sociales?". Telehit. Consultado o 12 de outubro de 2021. 
  9. Agencia EFE, ed. (5 de outubro de 2021). "Adele publica breve adelanto de su nuevo sencillo “Easy On Me”". El Espectador. Consultado o 12 de outubro de 2021. 
  10. Kreps, Daniel (11 de outubro de 2021). "Adele comparte un adelanto de su próximo sencillo, ‘Easy on Me’". Rolling Stone. Consultado o 12 de outubro de 2021. 
  11. Blais-Poulin, Charles-Éric (5 de outubro de 2021). "Un nouveau clip d’Adele signé Dolan et tourné au Québec". La Presse (en francés). Consultado o 12 de outubro de 2021. 
  12. "Adele aurait tourné son dernier clip au Québec... avec Xavier Dolan". 24 Heures (en francés). 5 de outubro de 2021. Consultado o 12 de outubro de 2021. 
  13. Woodyatt, Amy (15 de outubro de 2021). "Adele's new single, 'Easy On Me,' has finally dropped. So what's the verdict?". Herald Review (en inglés). Consultado o 15 de outubro de 2021. 
  14. McCormick, Neil (15 de outubro de 2021). "Adele, Easy On Me, review: The voice that digs deepest into the soul of the world". The Daily Telegraph (en inglés). Consultado o 15 de outubro de 2021. 
  15. Embley, Jochan (15 de outubro de 2021). "Adele - Easy On Me first-listen review: She’s back, and she’s still sublime". Evening Standard (en inglés). Consultado o 15 de outubro de 2021. 
  16. Levine, Nick (15 de outubro de 2021). "Adele’s voice has never sounded better than on her stunning new song ‘Easy On Me’". NME (en inglés). Consultado o 15 de outubro de 2021. 
  17. "“Easy on Me” de Adele batió el récord de Spotify de la canción más escuchada en sus primeras 24 horas". CNN Chile. 17 de outubro de 2021. Consultado o 24 de outubro de 2021. 
  18. Mukhtar, Amel (18 de outubro de 2021). "Adele sigue rompiendo récords con el sencillo “Easy On Me”". Vogue México. Consultado o 24 de outubro de 2021. 
  19. ""Adele – Easy on Me" - Offizielle Deutsche Charts". Offizielle Deutsche Charts (en alemán). Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  20. "Chart - Billboard Argentina". Billboard Argentina. Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  21. "Title - monitorLATINO". monitorLATINO. Consultado o 29 de outubro de 2021. 
  22. ""Adele – Easy on Me". ARIA Top 50 Singles". Australian charts portal (en inglés). Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  23. ""Adele – Easy on Me". Ö3 Austria Top 40". austriancharts.at (en alemán). Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  24. ""Adele – Easy on Me" - Ultratop 50". ultratop.be (en neerlandés). Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  25. "Adele Chart History (Canadian Hot 100)". Billboard (en inglés). Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  26. ""Adele – Easy on Me" - spanishcharts" (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2021. 
  27. Trust, Gary (25 de outubro de 2021). "Adele's 'Easy on Me' Blasts to No. 1 on Billboard Hot 100". Billboard (en inglés). Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  28. "Adele Chart History (Adult Contemporary)". Billboard (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2021. 
  29. "Top Singles (Week 42, 2021)". SNEP (en francés). Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  30. "Top 20 Charts – IMI - Indian Music Industry". IMI Charts (en inglés). Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  31. "Official Irish Singles Chart Top 50". Official Charts (en inglés). Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  32. "Adele - Easy On Me". italiancharts.com (en inglés). Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  33. "2021 42-os savaitės klausomiausi (Top 100)". Agata (en lituano). Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  34. "VG-lista – Topp 20 Single 2021-42". vglista.no (en noruego). Consultado o 13 de novembro de 2021. 
  35. ""Adele – Easy on Me" - Top 40 Singles". charts.org.nz (en inglés). Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  36. "Nederlandse Top 40 – week 43, 2021". top40.nl (en neerlandés). Consultado o 13 de novembro de 2021. 
  37. "Official Singles Chart Top 100". Official Charts (en inglés). Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  38. "Hot/Modern/AC Future Releases". Consultado o 7 de outubro de 2021.