EDUSAT

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
EDUSAT
TipoExperimental / educativo
OrganizaciónUniversidade La Sapienza de Roma
Data de lanzamento17 de agosto de 2011, 7:12 GMT[1][2][3]
Foguete portadorDnepr[1][4]
Sitio de lanzamentoDombarovsky, rampla 370/13[1][5]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico e educativo.[1][5]
NSSDC ID2011-044A
Masa11 kg[1]
Datos orbitais
Semieixo maior7036 km[2]
Inclinación98,4º[2]
Apoapse691,1 km[2]
Periapse639,2 km[2]

EDUSAT é un satélite artificial da Universidade La Sapienza de Roma lanzado o 17 de agosto de 2011 mediante un foguete Dnepr desde a base de Dombarovsky.[1][5][4]

Características[editar | editar a fonte]

O satélite ten unha masa de 11 kg e está deseñado para probar varias tecnoloxías en órbita. Está enfocado a que futuros satélites similares teñan participación da industria e de centros de investigación para os seus propios proxectos. EDUSAT adícase a facer medicións do campo magnético terrestre, a verificar principios dinámicos, á detección de raios cósmicos e a medir a constante solar, así como a estudar métodos de deorbitación de satélites, o comportamento de células solares en órbita e a validar un modelo de transpondedor en banda S.[1][5][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 NASA (24 de xaneiro de 2020). "EduSAT" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "EDUSAT" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  3. "Note verbale dated 24 November 2011 from the Permanent Mission of Italy to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (12-57272 (E)). 12 de novembro de 2012: 3. Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "EDUSAT" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2020). "EDUSAT" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]