Eácidas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na Grecia Antiga os Eácidas (en grego antigo Αἰακίδης, Aiakídês) eran os fillos e descendentes de Éaco, fillo de Zeus e rei de Exina segundo a mitoloxía grega.

Mitoloxía grega[editar | editar a fonte]

O primeiro Eácida foi Peleo, fillo de Éaco e a ninfa Endeis. Porén, o personaxe ó que se alude máis acotío con este patronímico é Aquiles, fillo de Peleo e Tetis, chamado tamén por esta razón o «Pelida».

Outros Eácidas recordados polos autores antigos son Telamón, irmán de Peleo, e Áiax Telamonio, heroe da guerra de Troia.

Historia grega[editar | editar a fonte]

Os reis molosos de Epiro autoproclamáronse Eácidas (Αἰακίδαι Aiakídai), pois remontaban a súa descendencia a Neoptólemo, fillo de Aquiles e Deidamia e bisneto de Éaco. Olimpia, nai de Alexandre Magno, pertencía a esta dinastía, polo que Alexandre afirmaba ser descendente de Aquiles.

O nome tamén é dado ós habitantes de Exina, onde Éaco foi obxecto dun culto heroico.

Relación de reis Eácidas[editar | editar a fonte]