Durrat Al Bahrain
Durrat Al Bahrein (en árabe: درة البحرين) é a terceira illa artificial máis grande de Bahrain, despois da Cidade do Norte e Diyar Al Muharraq. Atópase a 40,5 km o sur da capital, Manama.
Descrición
[editar | editar a fonte]As illas de Durrat Al Bahrain inclúe hoteis de cinco estrelas, un campo de golf de 18 buracos, 12 pontes e un porto deportivo.[1] O porto deportivo abranguerá tres das illas e cubrirá unha área aproximada de 0,7 km² cun custe de 1,3 billóns de dólares estadounidenses.
Historia
[editar | editar a fonte]En 2002, establecéronse os plans para levar a cabo o proxecto. A construción comezou en 2004. En febreiro de 2008, as obras de construción foron interrompidas logo de que máis de 1 300 traballadores se negasen a traballar por mor dunha disputa sobre o seu soldo. Os traballadores que operaban nun campo de obra no sitio de desenvolvemento declaráronse en folga esixindo mellores salarios e queixándose das malas condicións de vida.[2][3][4][5] A folga foi cancelada pouco despois.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Durrat Al Bahrain Property Development". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2018. Consultado o 13 de febreiro de 2019.
- ↑ "Strike hits work at Durrat Al Bahrain". Tradearabia.com. 10 de febreiro de 2008. Consultado o 18 de marzo de 2016.
- ↑ "1,300 migrant workers strike in Bahrain over pay". Migrant Rights. 12 de febreiro de 2008. Consultado o 18 de abril de 2016.
- ↑ PTI Feb 11, 2008, 08.59pm IST (11 de febreiro de 2008). "1900 Indian workers continue strike in Bahrain - Economic Times". Articles.economictimes.indiatimes.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2016. Consultado o 18 de abril de 2016.
- ↑ "Bahrain moves to settle 'illegal' strike". Alarabiya.net. 11 de febreiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 27/04/2016. Consultado o 18 de abril de 2016.
- ↑ "Bahrain strike called off, wages raised". news.outlookindia.com. 14 de febreiro de 2008. Consultado o 18 de abril de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Durrat Al Bahrain |