Dulce María Espinosa Saviñón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dulce María Espinosa Saviñón
Dulce Maria Teleton 3.jpg
Nacemento6 de decembro de 1985
LugarCidade de México
NacionalidadeMéxico
Educada enCentro de Educación Artística
Profesiónactriz, cantante, compositora, poeta, actriz de televisión, cantautora, escritora e actriz de cinema
editar datos en Wikidata ]
Dulce María.

Dulce María Espinosa Saviñón, nada na Cidade de México o 6 de decembro de 1985, é unha actriz é cantante mexicana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ao igual que outras colegas da súa xeración (Anahí, Zoraida Gómez, Irán Castillo, Sherlyn, entre outras) iniciou a súa carreira artística moi nova, aos oito anos participou por primeira vez en televisión, dentro do programa Plaza Sésamo. Tamén fixo as súas primeiras aparicións en "El club de Gaby".

En 1996 integrouse no grupo infantil KIDS, co cal logrou o éxito cos temas "La mejor de tus sonrisas" e "Prende el Switch", entre outros; en 1999, cando se disolveu o grupo, integrou un dueto con outro ex-KIDS, Daniel Habif, nomeado D&D, gravando cinco temas musicais, os cales nunca se deron a coñecer publicamente. Nos seguintes tres anos, a xove actriz actuou en diversas telenovelas como No tengo madre -a antinovela de Eugenio Derbez- e Huracán (1998), Infierno en el Paraíso, Nunca te olvidaré (ambas de 1999), DKDA Sueños de juventud, Primer amor e Siempre te amaré (do ano 2000).

A finais do ano 2000 integrouse no grupo Jeans cubrindo a intérprete arxentina -e hoxe condutora- Angie. Unicamente gravou co grupo o álbum Cuarto para las cuatro I (2001); saíu do grupo no ano 2002.

Ese mesmo ano retomou o seu paso actoral como protagonista de Clase 406, interpretando a "Marcela"; en esta novela compartiu créditos xunto a Aarón Diaz, Alfonso Herrera con quen tivo unha relación sentimental, Irán Castillo e Sherlyn, sendo a telenovela mais exitosa do ano 2003.

En 2004 Pedro Damián volveuna chamar para ser parte do elenco da telenovela Rebelde. O seu éxito chegou a moitos países, chegándose a transmitir en case toda América, algúns países europeos, así como países de Oriente. A vez que esta, formouse o grupo pop RBD, co cal xunto cos seus compañeiros Anahí, Maite, Alfonso, Christopher e Christian, lanzaron 3 álbums en estudio en español (Rebelde, Nuestro Amor e Celestial), un en portugués para o mercado brasileiro, un en inglés para o anglosaxón e dous en vivo.

A finais do 2006 recibiu a proposta de Televisa para protagonizar a versión mexicana de Floricienta (Lola, érase unha vez) pero debido aos diversos compromisos con RBD non puido participar no proxecto que na actualidade protagoniza a actriz debutante Eiza Gonzáles.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]