Droctulf
Droctulf | |
---|---|
Nacemento | século Vxuliano |
Falecemento | século VIxuliano |
Soterrado | Ravenna |
Relixión | cristianismo |
Ocupación | militar |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Droctulf (ou Droctulfo, Drocto, Drocton) foi un xeneral bizantino de orixe bárbara da segunda metade do século VI.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Droctulf era de orixe sueva ou alamánica (…Droctulf ex Suavorum, hoc est Alamannorum…). En 568 seguira como outros bárbaros aos longobardos do rei Alboíno á Italia do norte. Pouco despois, deixou os longobardos para se poñer ao servizo dos bizantinos e foi un fiel servidor do Imperio bizantino e do Papado[1] e loitou activamente contra os longobardos.
Loitou especialmente contra Faroaldo, duque de Spoleto, que atacara Rávena]] e capturara e saqueara o porto da cidade, Classis .
Droctulf deu rexeitado o duque longobardo e recuperou Classis en 576. Dux de Brixellum (Brescello, Emilia-Romaña) ao servizo de Bizancio, loitou a continuación contra o rei longobardo Authari antes de que o enviasen a Tracia e os Balcáns para rexeitar as tribos eslavas e os ávaros que ameazaban a fronteira do Danubio.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Paulo Diácono, Historia Langobardorum, finais do século VIII.