Drink Hunters

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Drink Hunters
Drink Hunters, Razzmatazz.jpg
Concerto de Drink Hunters na Sala Razzmatazz, Barcelona, en febreiro de 2015.
OrixeBarcelona, Cataluña
Período2008-presente
Xénero(s)Celtic punk
Folk punk
Hardcore punk
Selo(s) discográfico(s)Maldito Records
MembrosPau
Aaron
Nando
Raja
Antigos membrosRosa
Páxina webdrinkhunters.bandcamp.com

Drink Hunters é un grupo de música catalán procedente de Barcelona e arredores. A súa música é unha mestura de punk rock, hardcore punk, música tradicional e música celta con melodías e instrumentos tradicionais como o tin whistle ou o violín. Este estilo musical é comunmente chamado celtic punk ou folk punk. As súas letras, cantadas en inglés, tratan temas diversos, aínda que toman protagonismo a denuncia social, diversos feitos históricos e a bebida e a festa.

Historia[editar | editar a fonte]

Drink Hunters, naceu na cidade de Barcelona o 2008 cando Pau (batería e coros) e Aaron (baixista e vocalista) decidiron emprender o camiño do Celtic punk. Estes falaron da idea con Raja (guitarrista e coros) para crear os alicerces do proxecto que tiñan en mente. Só faltaban os elementos que cargarían o seu enérxico punk rock con toques folclóricos irlandeses e para iso contactaron con Nando (violín) e Rosa (acordeón diatónico). A principios do 2013 ficharon a Isra (irish tin whistle) que se engadiu á formación actual. No 2010, lograron gravar o seu primeiro EP, o cal foi completamente autoproducido. No 2010 ficharon polo selo "Discos Rayados" e a finais dese mesmo ano tiveron a oportunidade de aparecer no recompilatorio "Whiskey Devils a tribute to The Mahones" versionando o tema "Take no Prisoners".[1] A finais do 2011, presentaron o seu primeiro álbum de 13 cancións "With my Crew" o cal os axudou a obter varios concertos e recoñecemento fóra de Cataluña e da Península Ibérica.[2] En marzo do 2012 participaron nun recompilatorio de Paddy Rock (Paddy Rock Vol. 4) co tema "With my Crew" xunto a outros grupos como The Mahones ou The Rumjacks.[3] O ano 2014 presentaron o seu último álbum chamado "Lurking behind the woods" que máis tarde mostraron na súa primeira xira europea pasando por Francia, Italia, Alemaña, Eslovaquia e República Checa.[4][5][6] Ese mesmo ano presentaron o seu primeiro videoclip do tema do seu novo disco "The Big Fella".[7]

Drink Hunters compartiu escenario con bandas como: The Real Mckenzies, Mad Caddies, Pipes and Pints, The Dreadnoughts, La Plebe, Blowfuse, Freygolo, Bastards on Parade, Skontra, Brutus Daughters, entre outros.

Membros[editar | editar a fonte]

Formación actual[editar | editar a fonte]

Antigos membros[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • I love whisky I love beer - Maqueta, 2009
  1. Drinking Song
  2. It's in your hands
  3. Warrior Souls
  4. In my Head
Concerto dos Drink Hunters en Ulm, Alemaña - European Tour '14.
  • With my Crew - Álbum, 2012
  1. Welcome to Happiness
  2. It's in your hands
  3. I don't need you
  4. Fucking cops
  5. All night drunk
  6. With my Crew
  7. Drinking Song
  8. Scum
  9. In your paradise
  10. She was
  11. In my head
  12. Warriors Souls
  13. Molly never sleeps alone
  • Lurking behind the Woods - Álbum, 2014
  1. Intro: Lurking behind the Woods
  2. Speciecism
  3. Breogan's Descendents
  4. Party at Paul's house
  5. Speak more than a Fucking Politician
  6. The Big Fella
  7. Kill the King
  8. The Hunter Song
  9. Rolling Down
  10. Just Tomorrow
  11. Second Chance
  12. The Same Story
  13. Stupid Trends
  14. Nasty Dictator

Colaboracións[editar | editar a fonte]

Notas

  1. http://celticfolkpunk.blogspot.com.es/2011/04/review-various-artist-whiskey-devils.html
  2. "Drink Hunters – With My Crew". IrishPunk (en inglés). 31 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2015. Consultado o 02 de marzo de 2015. 
  3. http://www.paddyrock.com/home/get-ready-paddy-rock-vol-4-is-almost-here
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 02 de marzo de 2015. 
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 02 de marzo de 2015. 
  6. http://www.paddyrock.com/home/the-drink-hunters-lurking-behind-the-woods
  7. http://www.wakesound.com/drink-hunters-presentan-su-nuevo-video

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]