Saltar ao contido

Dragón chinés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Detalle dos Nove dragóns de Chen Rong, 1244, Dinastía Song.

Os dragóns chineses (chinés tradicional: 龍; chinés simplificado: 龙; pinyin: Lóng; Wade-Giles: Lung2) son criaturas lendarias da mitoloxía e o folclore chinés. Os dragóns teñen moitas formas animais como tartarugas, peixe, mais son máis comunmente representados como cobras con catro patas. Os dragóns chineses tradicionalmente simbolizan fortes poderes, particularmente control sobre a auga, a pluviosidade, os tifóns e as inundacións. O dragón é tamén un símbolo de poder, forza, e boa sorte para persoas que son dese signo. Con isto, o Emperador da China normalmente utilizou o dragón como símbolo do seu poder imperial e da súa forza.[1]

Na linguaxe diaria chinesa, as persoas excelentes e excepcionais son comparadas cos dragóns, mentres que as persoas incapaces e sen logros compáranse con outras criaturas desprezadas, coma os vermes. Un gran número de proverbios teñen referencias ós dragóns, como "Agardando que o fillo se converta nun dragón" (en chinés: 望子成龙).

  1. Ingersoll, Ernest; et al. (2013). Cognoscenti Books, ed. The Illustrated Book of Dragons and Dragon Lore. Chiang Mai. 


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]