Dragón coreano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dragón coreano.

Os dragóns coreanos (en coreano: 용/룡) son criaturas lendarias na mitoloxía e o folclore coreanos. A aparencia do dragón reflicte as súas influencias da súa contraparte, o dragón chinés.

Dragóns coreanos[editar | editar a fonte]

Mentres que a maioría dos dragóns europeos están vinculados a elementos de lume e destrución, os dragóns na mitoloxía coreana son principalmente seres benevolentes relacionados coa auga e a agricultura, a miúdo considerados portadores da choiva e as nubes. Polo tanto, dise que moitos dragóns coreanos viviron nos ríos, lagos e océanos ou mesmo profundas lagoas de montaña.

O símbolo do dragón foi utilizado amplamente, tanto na mitoloxía coreana coma na antiga arte coreana.

Os textos antigos ás veces mencionan ós dragóns como seres de fala intelixente, quen de comprender emocións tan complexas como a devoción, a bondade e a gratitude. Unha lenda coreana en particular, fala do gran Rei Munmu, quen no seu leito de morte desexaba converterse nun "Dragón do Mar do Leste co fin de protexer a Corea".

O dragón coreano en moitos aspectos é moi semellante en aparencia ós dragóns da mitoloxía chinesa, vietnamita e xaponesa. Diferénciase do dragón chinés en que desenvolveu unha longa barba.

Moi de cando en vez un dragón pode ser representado como erguendo un orbe coñecido como yeouiju (여의주), nome coreano para a mítica xoia chintamani, nas súas garras ou na súa boca. Dicíase que todo o que podía manexar o yeouiju sería bendicido coas habilidades da omnipotencia e a creación a vontade, e que só os dragóns de catro dedos eran sabios e o suficientemente potentes para manexar estes orbes, a diferenza dos dragóns menores, de tres dedos.

Do mesmo xeito que na China, o número nove é significativo e auspicioso en Corea, e dise que os dragóns teñen 81 (9×9) escamas nas costas, representando a esencia do yang.

Cocatriz coreana[editar | editar a fonte]

A cocatriz coreana é coñecida como gye-lyong (계룡/鷄龍), que literalmente significa "pito-dragón"; e non aparecen con tanta frecuencia como os dragóns. Ás veces vense como bestas para tirar dos carros de importantes figuras lendarias ou para os pais dos heroes lendarios. Unha destas lendas consiste na fundación do reino de Silla; cuxa princesa nacera dun ovo de cocatriz. Tamén é a orixe do nome da cidade de Gyeryong na provincia de Chungcheong do Sur.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bates, Roy, Chinese Dragons, Oxford University Press, 2002.
  • Bates, Roy, All About Chinese Dragons, China History Press, 2007.
  • 'Korean Water and Mountain Spirits', in: Ingersoll, Ernest, et al., (2013). The Illustrated Book of Dragons and Dragon Lore. Chiang Mai: Cognoscenti Books. ASIN B00D959PJ0