Dragón xaponés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dragón xaponés, por Hokusai.
Avoa do emperador Antoku rescatándoo dun dragón, por Yoshitsuya Ichieisai.
Un dragón ascende cara o ceo co Monte Fuji de fondo, por Ogata Gekkō (1897).

O dragón xaponés (日本の竜 Nihon no ryū) é unha criatura lendaria da mitoloxía xaponesa. Os mitos dos dragóns xaponeses mesturan lendas nativas con historias de dragóns da China, Corea e a India. O estilo do dragón foi amplamente influído polo dragón chinés. Como moitos outros dragóns asiáticos, os xaponeses son deidades da auga asociados cos fenómenos atmosféricos e corpos de auga. Tipicamente, son representados como longas criaturas con forma de serpe, sen ás e con gadoupas. A lingua xaponesa moderna ten numerosas verbas para "dragón", incluíndo 'tatsu do xaponés antigo ta-tu, o sino-xaponés ryū ou ryō 竜 que provén do chinés lóng 龍 e nāga ナーガ do sánscrito nāga.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]