Saltar ao contido

Dr. Mata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dr. Mata
Tiposerie de televisión Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoTelenovela Editar o valor en Wikidata
Temática
Ambientado enBogotá Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeColombia Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo18 de marzo de 2014 Editar o valor en Wikidata
Remate16 de xuño de 2014 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Episodios60 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Dr. Mata é unha serie de televisión colombiana, dirixida por Sergio Cabrera, producida e emitida por RCN Televisión. Baseada na historia do famoso asasino Nepomuceno Matallana e ambientada na década de 1940, contén elementos de realidade e ficción. Estivo protagonizada antagónicamente por Enrique Carriazo, xunto ás actuacións de Yuri Vargas, Geraldine Zivic, Luis Fernando Hoyos e Nicolás Rincón.

É o final da segunda guerra mundial. O mundo celebra os xuízos de Nuremberg e chora a morte de Manolete. Na Arxentina, Evita convértese en raíña dos Descamisados, e en Colombia Jorge Eliécer Gaitán demostra o seu poder de convocatoria na marcha dos fachos. Nese escenario, unha empregada do servizo peta na porta das casas señoriais e as portas dos xulgados en Bogotá, buscando xustiza. Sinala a Buenaventura Nepomuceno Matallana, poderoso e rico avogado, como o responsable da desaparición do seu patrón. Ninguén lle cre.

Merceditas Ramos, a empregada, pon as súas escasas probas en mans do xornalista máis famoso da época, Félix González Robledo, famoso polas súas crónicas policiacas. González Robledo une forzas cun avezado investigador, Benito Capote e xuntos comezan a examinar as actuacións do adiñeirado avogado Matallana. Axiña, Merceditas e os seus investigadores atopan probas de ducias de desaparecidos. Non están fronte a un asasino corrente senón fronte a un asasino en serie.

Por conta do trío de investigadores, o prestixioso Matallana vai ao cárcere co seu nome convertido nun alias: “Doctor Mata”. O home xura vinganza contra Merceditas e o asasinato de Jorge Eliécer Gaitán bríndalle a oportunidade. O Bogotazo abre as portas de tódolos cárceres e Mata xa está entre as rúas incendiadas buscando a Mercedes.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]