Saltar ao contido

Douglas C-47 Skytrain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Douglas C-47»)
Douglas C-47 Skytrain
Tipotransporte militar
FabricanteDouglas Aircraft Company
Primeiro voo23 de decembro de 1941
Estadoen servizo en Colombia, Grecia, O Salvador e Suráfrica
Unidades construídasmáis de 10.000

O Douglas C-47 Skytrain ou Dakota (designación da RAF) é un avión militar de transporte desenvolvido a partir do avión de pasaxeiros civil Douglas DC-3. Foi usado estensamente polos Aliados durante a segunda guerra mundial e aínda está en servizo activo con varias forzas aéreas hoxe en día.

Deseño e desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

O C-47 diferenciase do DC-3 civil en numerosas modificacións, como unha porta de carga, un chan reforzado, puntos de ancoraxe para un elevador, un cono de cola máis curto para grilletes de remolque para planeadores, e un astrodomo no teito da cabina.[1][2]

O especializado C-53 Skytrooper de transporte de tropas comezou a fabricarse en outubro de 1941 na planta de Douglas Aircraft en Santa Monica, California. Esta variante carecía da porta de carga, puntos de ancoraxe do elevador e chan reforzado do C-47. Só se fabricaron 380 unidades en total, xa que se demostrou que o C-47 era máis versátil.

Durante a segunda guerra mundial, as forzas armadas de moitos países usaron o C-47 e DC-3 modificados para o transporte de tropas, carga e feridos. A designación para a Armada estadounidense foi R4D. En total fabricáronse máis de 10 000 avións nas fábricas de Long Beach, Santa Monica e Oklahoma City. Entre marzo de 1943 e agosto de 1945 a planta de Oklahoma City fabricou 5 354 C-47.[3][4]

  1. Parker 2013, pp. 37, 39, 45-47
  2. Wilson, Stewart (1998). Aerospace Publications Pty Ltd., ed. Aircraft of WWII. Fyshwick. ISBN 1-875671-35-8. 
  3. Parker 2013, pp. 13, 35, 37, 39, 45-47
  4. Herman 2012, pp. 202-203, 227

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Herman, Arthur. Freedom's Forge: How American Business Produced Victory in World War II. Nova York: Random House, 2012. ISBN 978-1-4000-6964-4.
  • Parker, Dana T. Building Victory: Aircraft Manufacturing in the Los Angeles Area in World War II. Cypress, California: Dana Parker Enterprises, 2013. ISBN 978-0-9897906-0-4.