Dornier Do 317

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dornier Do 317
Tipobombardeiro medio
FabricanteDornier Flugzeugwerke
Primeiro voo8 de setembro de 1943
Principais usuariosLuftwaffe
Unidades construídas6

O Dornier Do 317 foi un bombardeiro alemán desenvolvido durante a segunda guerra mundial que nunca chegou a ser producido en serie. O Do 317 foi o último derivado do Do 17, despois do Dornier Do 217, e deseñouse como un bombardeiro pesado de alta cota, con capacidade para alcanzar calquera punto de Gran Bretaña dende bases francesas. Construíuse un prototipo presurizado, o Do 317V1, pero o proxecto foi temporalmente abandonado en 1940. Posteriormente fabricáronse outros cinco prototipos non presurizados, denominados Do 21R, que foron usados a finais de 1944.