Saltar ao contido

Dornier Do 217

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dornier Do 217
 Instancia de
 Uso
Persoas e organizacións
 Deseñador/a
 Operador/a
Luftwaffe (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Produción
 Fabricante
 Total producido
1730 Editar o valor en Wikidata
Datas
 Entrada en servizo
1940 Editar o valor en Wikidata
 Retiro do servizo
1945 Editar o valor en Wikidata
 Primeiro voo
4 de outubro de 1938 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/02blsp Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Dornier Do 217 foi un bombardeiro alemán usado pola Luftwaffe durante a segunda guerra mundial. Foi desenvolvido como unha versión máis potemte do Dornier Do 17, e coñeceuse como Fliegender Bleistift (lapis voante). Deseñado en 1937 e 1938 como bombardeiro pesado, o seu deseño foi refinado durante 1939 e a produción comezou a finais de 1940. Entrou en servizo a principios de 1941 a a comezos de 1942 estivo xa dispoñible nun número significativo. O Dornier Do 217 tiña unha maior capacidade de bombas e alcance que o Do 17. Nas súas últimas variantes exploráronse as súas capacidades de bombardeo en picado e ataque marítimo usando bombas planeadoras, cun considerable éxito nese último papel. As primeiras variantes do Do 217 foron máis potentes que o Heinkel He 111 e o Junkers Ju 88, tendo unha maior velocidade, alcance e capacidade de bombas. Debido a isto foi designado como bombardeiro pesado en vez de medio. O Do 217 serviu en todas as frontes e en todo tipo de roles. Nas frontes oriental e occidental operou como bombardeiro estratéxico, torpedeiro e avión de recoñecemento. Tamén tivo funcións tácticas, It also performed tactical functions, tanto atacando a terra como a barcos durante a Batalla do Atlántico e a Batalla de Normandía. O Do 217 tamén foi modificado para actuar como caza nocturno, labor que fixo ata o último día da guerra na campaña pola defensa do Reich.

O modelo tamén atacou convois e barcos militares aliados no Mediterráneo. Foi aí onde o Do 217 converteuse no primeiro avión da historia da aviación militar en usar munición guiada precisa, ao lanzar unha bomba Fritz-X guiada por radio que levou ao afundimento do acoirazado italiano Roma en 1943. Despois do fin da guerra polo menos un Dornier Do 217 continuou en servizo coa Forza Aérea Suíza ata 1946.