Don Adams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Don Adams
Don Adams 1969.JPG
Nacemento13 de abril de 1923
LugarManhattan
Falecemento25 de setembro de 2005
LugarBeverly Hills
CausaLinfoma e cancro de pulmón
SoterradoHollywood Forever Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enDeWitt Clinton High School
FillosCecily Adams, Stacey Adams e Christine Adams
Profesiónactor de cinema, actor de televisión, actor de dobraxe, actor, guionista e produtor de cinema
Na rede
IMDB: nm0010915 Allocine: 135911 Allmovie: p264 TCM: 665 IBDB: 29336
WikiTree: Yarmy-1 Find a Grave: 11827535 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Donald James Yarmy, nado en Nova York o 13 de abril de 1923 e finado nos Ánxeles o 25 de setembro de 2005, foi un actor, humorista e director estadounidense, máis coñecido como Don Adams.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou durante cinco décadas na televisión, pero é sobre todo coñecido pola interpretación de Maxwell Smart (Agent 86) na comedia de situación Get Smart (1965–1970, 1995), para a que tamén escribiu e dirixiu algúns capítulos, e no filme The Nude Bomb (1980). Adams gañou tres Emmys consecutivos por ese papel (1967–1969).

Adams púxolle voz ás series de animación Tennessee Tuxedo and His Tales (1963–1966), Inspector Gadget (1983–1986), foi a voz de Principal Hickey en Pepper Ann (1997) e a de Sid Pickles en todos os episodios de Spike & Mike (1993–1999), e nos dous filmes que lle seguiron Spike and Mike's Festival of Animation e Spike and Mike: Got Hostaged. Tamén creou, dirixiu e actuou na serie The Partners (1971-1972), unha parodia das series de policía pero só se emitiu por unha tempada.