Don't Hug Me I'm Scared

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Don't Hug Me I'm Scared
FormatoTerror
Humor negro
Sátira
Filme musical
Humor absurdo
Comedia de terror
Creado porBecky Sloan
Joseph Pelling
País de orixeGran Bretaña
Episodios5
Emisión orixinal
Primeiro episodio29 de xullo de 2011
Derradeiro episodiopresente
Na rede
http://beckyandjoes.com/dont-hug-me-im-scared/
IMDB: tt2501618 Facebook: DHMIS Youtube: UCZOnoLKzoBItcEk5OsES2TA iTunes: 695781602 Musicbrainz: 3e11b83e-30c4-4cec-977d-45f131d2eef6 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Don't Hug Me I'm Scared (adoito abreviado DHMIS) é unha serie británica de curtas, creada por Becky Sloan e Joseph Pelling en 2011. Foi orixinariamente emitida a través da web dos artistas, aínda que despois foi subida a outras plataformas coma YouTube.[1]

Cada episodio semella a un típico programa infantil de televisión que consiste en monicreques que cantan e falan coma os de Sesame Street, mais eventualmente toma un xiro escuro, adoito empregando gore. A serie é unha parodia dos programas infantís de televisión ironicamente xustapoñendo o manexo de monicreques e números musicais, contido psicodélico e imaxes desacougantes. Cinco episodios foron emitidos até agora[cando?] e trataron sobre a creatividade, o tempo, o amor, a tecnoloxía e a nutrición. Un sexto episodio está planeado para ser producido.[2]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Cada episodio xira en torno a Yellow Guy, Red Guy e Duck Guy coñecendo un ou varios mestres antropomórficos, que comezan un número musical relacionado cun concepto básico da vida do día a día cunha melodía optimista semellante a unha canción infantil. A medida que a canción avanta, faise cada vez máis evidente que o "mestre" está sutilmente tentando condicionar ás personaxes principais para que compartan as súas propias opinións e crenzas sobre o tema, cun ton humorístico. O clímax de cada episodio, polo xeral, implica un elemento de shock cun emprego intenso de imaxes gore.

O primeiro episodio presenta un caderno de bosquexos ensinando aos protagonistas sobre a creatividade. O caderno de bosquexos anima aos monicreques a seren creativos a través de actividades infantís, como a interpretación das nubes ou pintando e facendo modelos de brillantina. Isto resulta nunha violenta e esaxerada representación dos monicreques, que comezan freneticamente a bailar e fan pasteis e colaxes con órganos. O vídeo remata con todo aparentemente devolto á normalidade mailo caderno de bosquexos pedindo a todos que nunca sexan creativos de novo.[3]

O segundo vídeo presenta a Tony the Talking Clock que canta sobre o concepto do tempo e como está relacionado coa vida cotiá. Tony explica como o tempo é empregado para "medir o día" e como todas as cousas cambian co tempo.[4] Esta mensaxe é esaxerada preto do final do episodio co incremento dramático do paso do tempo mentres os corpos dos monicreques estanse a descompor axiña ante os seus ollos. Os eventos foron, sinxelamente, un programa de televisión observado polos tres amigos.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sloan, Becky and Pelling, Joseph. Becky & Joe’s Art. "Awards." "Festivals." "Talks." beckyandjoes.com. Web. 3 March 2014. <http://beckyandjoes.com/where/>.
  2. "Don't Hug Me I'm Scared : The Series by Becky and Joe — Kickstarter". Consultado o 27 de maio do 2014. 
  3. "Don't Hug me I'm Scared". Consultado o 16 de outubro do 2015. 
  4. "Becky&Joe are this week's Dazed Visionaries". Consultado o 16 de outubro de 2015. 
  5. "Don't Hug Me I'm Scared 2 - TIME". Consultado o 16 de outubro do 2015..