Un panel de control doméstico, capaz de controlar a iluminación, termóstato, seguridade, pechaduras e entretemento doméstico.Un panel típico de conexións doméstico.
A domótica é a disciplina que se ocupa de estudar a tecnoloxía para mellorar a calidade de vida dos seres vivos, en contornos antropizados.
Un hábitat ou edificio domótico é aquel dotado de automatismos coa finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas que viven nese espazo, de xeito que se reduza o traballo doméstico, aumentando a seguranza, racionalizando os diferentes consumos e optimizando os recursos. Un sistema domótico debe ter a ubicuidade suficiente no seu control, teléfono, PDA, PC, Internet etc. Por exemplo, nun edificio domótico, durante o inverno, as persianas poderían subirse automaticamente durante o día, e pola noite baixarían elas soas, aproveitando a luz e a calor solar ao longo do día, favorecendo a optimización do consumo enerxético da edificación. Isto é un exemplo básico, aínda que un bo sistema domótico debe ofrecer infinitas posibilidades de control dunha maneira sinxela.