Dolors Aleu Riera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDolors Aleu Riera

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Dolors Aleu i Riera Editar o valor em Wikidata
7 de abril de 1857 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de febreiro de 1913 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAcadèmia per à la Il·lustració de la Dona (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dolors Aleu Riera, nada en Barcelona o 7 de abril de 1857 e finada na mesma cidade o 18 de febreiro de 1913, foi unha médica española, a primeira muller licenciada en Medicina e Cirurxía de España, en 1882, e a segunda en obter o título de doutora.[1][2][3]

Biografía[editar | editar a fonte]

Dolores Aleu no seu despacho.

Filla única da familia Aleu e Riera, comezou os estudos de Medicina na Facultade de Medicina da Universidade de Barcelona, en setembro de 1874 [4], finalizándoos en 1879. Non puido facer o exame de licenciatura ata tres anos despois, cando lle concederon o permiso para presentarse, o 4 de abril de 1882, examinándose o 19 de xuño dese mesmo ano e obtendo o aprobado con nota de excelente.

Doutorouse en Madrid o 8 de outubro de 1882, catro días despois de que o fixera Martina Castells Ballespí (1852-1884). Titulou a súa tese de doutoramento como "De la necesidad de encaminar por nueva senda la educación higiénico-moral de la mujer". [2]Posteriormente se especializou en Xinecoloxía e Pediatría.

Dolors Aleu foi a única que exerceu a súa profesión das tres primeiras mulleres que estudaron medicina en España, e as tres catalás. Tivo consulta aberta en Barcelona durante 25 anos. Non foi así con Martina Castells, que morreu antes de poder exercer, nin con Elena Maseras (1853-1905), que se dedicou ó ensino.

Durante o seu exercicio profesional foi tamén profesora de hixiene doméstica na Academia para a Ilustración da Muller, en Barcelona.

Portada da súa tese.

Tamén escribiu algúns textos de carácter divulgativo, dirixidos a mellorar a calidade de vida das mulleres, especialmente no eido da maternidade, como "Consellos a unha nai sobre o réxime, limpeza, vestidos, sono, exercicio e entretemento dos meniños". Nos seus escritos criticaba, entre outros aspectos, as obrigas que as normas morais e estéticas da época impoñían ás mulleres sobre a forma de vestir: "A peza de roupa que máis dano causa no corpo da muller é o corsé. Lévase moi apertado, para aumentar a delgadez do corpo. ¡Como se o delgado fose equivalente do fermoso!". Recollía tamén a confesión dalgunha das súas pacientes, que levaban anos enfermas sen acudir ó médico, de que deixarían pasar máis anos se non tivesen ocasión de consultarse cunha muller.

Casou en 1883 con Camilo Cuyás Martí, axente de bolsa barcelonés, e tivo dous fillos, Juan e Camilo.

Morreu o 18 de febreiro de 1913, á idade de 56 anos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La primera médica española". La Vanguardia (en castelán). 2018-04-01. Consultado o 2021-09-12. 
  2. 2,0 2,1 Aleu i Riera, Dolors (1882-10-16). "De la necesidad de encaminar por nueva senda la educación higiénico-moral de la mujer". Universitat de Barcelona. 
  3. "Aleu Riera, Dolors « Web de científics catalans". Web de científics catalans (en castelán). Consultado o 2021-09-12. 
  4. As mulleres foron autorizadas a realizar estudos universitarios en 1872.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]