Doce (sabor)
Doce é un dos cinco sabores básicos que se pode experimentar a través do sentido do gusto, o que non ten sabor picante nin salgado, comparado con outros alimentos do mesmo tipo[1], un sabor como o do azucre ou o mel. É un dos catro sabores fundamentais. A sensación detéctase nas papilas gustativas situadas na punta da lingua[2].
Por extensión dáselle este nome a calquera alimento ou produto alimenticio composto de azucre, mel ou outros adozantes[3], normalmente lambetadas e sobremesas; exemplos:
- Cremas e natas: leite condensado, flans, cremas de ovo etc.
- Un caramelo, alimento sólido feito a base de azucre cocido e algún saborizante, chamado tamén de larpeirada ou confeito.
- Unha marmelada, confeitura, compota, preparacións de froitas cocidas e esmagadas con azucre.
- Unha torta, un biscoito, unha filloa etc; alimentos elaborados con masa e diferentes coberturas e recheos adozados, chamados tamén de pasteis.
Historia e orixe dos doces
[editar | editar a fonte]Hai séculos non se coñecía o azucre e si o mel de abellas, que se empregaba para preparacións doces en determinadas épocas. Por exemplo, en tempos de Xesús Cristo, os panadeiros eran á vez pasteleiros e utilizaban o mel como ingrediente principal das súas receitas combinada con diversos froitos secos. Así, na Biblia e no Corán hai numerosas citas do mel e dos froitos secos, que combinados e elaborados convenientemente daban lugar a ricas sobremesas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
- ↑ Dicionario de galego. Vigo, Ir Indo, 2004; Enciclopedia Galega Universal. Vigo, Ir Indo, 2000
- ↑ VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega