Lambetada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lambetadas variadas nunha tenda.

Unha lambetada[1] ou lambonada[2] é un alimento doce que se toma máis por gusto ca para alimentarse. Caracterízase por ter azucres ou adozantes como ingredientes principais. Ao contrario que os pasteis ou as tortas, que se adoitan compartir con outras persoas como sobremesa despois dunha comida, as lambonadas cómense de xeito casual como petisco e moitas veces coas mans.

Con escaso ou nulo valor nutritivo en proteínas, vitaminas e minerais, o seu consumo en exceso é un mal hábito que está espallado especialmente entre os cativos e que pode desencadear problemas de saúde como a obesidade, diabetes e mesmo anemia, xa que aporta pouco ferro á dieta e ocasiana a perda de apetito por alimentos realmente nutritivos.

Outros nomes[editar | editar a fonte]

En galego tamén se coñece como larpeirada,[3] lamberetada,[4] lambeta,[5] lambiscada,[6] peperetada[7] ou peperete.[8]

Tipoloxía[editar | editar a fonte]

As lambetadas poden clasificarse en cristalinas e non cristalinas. As non cristalinas son homoxéneas e poden ser gomosas ou duras. Nelas inclúense os caramelos, toffees e nougats, entre outros. As cristalinas teñen pequenos cristais na súa estrutura que se derreten na boca ou que son facilmente mastigábeis.[9]

Lambetadas de azucre[editar | editar a fonte]

Chocolate[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lambetada.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lambonada.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para larpeirada.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lamberetada.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lambeta.
  6. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lambiscada.
  7. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para peperetada.
  8. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para peperete.
  9. Norman Potter and Joseph Hotchkiss (1999), Food Science: Fifth Edition, ISBN 978-0834212657, Springer, Chapter 20