Dobruia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Dobruxa")
Mapa da Dobruxa setentrional (en territorio romanés) en laranxa e a meridional (en territorio búlgaro) en amarelo.

A Dobruia ou Dobruxa (en romanés Dobrogea en búlgaro Добруджа) é unha rexión histórica dos Balcáns actualmente dividida entre a Romanía e Bulgaria. Sitúase entre o río Danubio e o Mar Negro, incluíndo o Delta do Danubio.

A rexión atópase dividida na Dobruia Setentrional (integralmente na Romanía) e a Dobruxa Meridional, en gran parte do territorio búlgaro, e nunha pequena porción da Romanía, chamada Cuadrilátero de Silistra.

As principais localidades da Dobruxa son Constanța, Mangalia e Tulcea na Romanía; e Tutrakan (Тутракан) e Silistra (Силистра) en Bulgaria.