Banato romanés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Banato romanés (en romanés Banatul românesc) é a parte da rexión histórica do Banato que actualmente pertence a Romanía. (O resto do Banato pertence a Serbia e unha pequena parte a Hungría).

Mapa de Romanía co Banato romanés en laranxa.

En 1938 uníronse os condados de Timiș-Torontal, Caraș, Severin, Arad and Hunedoara para formar o Ținutul Timiș, que abarca o Banato romanés. O 6 de setembro de 1950, a provincia foi substituída pola rexión de Timișoara (formada polos actuais condados de Timiș e Caraș-Severin). En 1956, a metade sur da rexión de Arad foi incorporada á rexión de Timișoara. En decembro de 1960, a rexión de Timișoara pasou a denominarse rexión do Banato.

O 17 de febreiro de 1968 fíxose unha nova división territorial e formáronse os condados de Timiș, Caraș-Severin e Arad. Desde 1998, Romanía dividiuse en oito rexións de desenvolvemento, que actúan como divisións territoriais autónomas. A rexión de desenvolvemento Vest está composta por catro condados: Arad, Timiș, Hunedoara e Caraș-Severin; polo tanto ten case as mesmas fronteiras que a provincia de Timiș de 1929. A rexión de desenvolvemento Vest forma parte da eurorrexión Danubio-Kris-Mures-Tisza. As minorías étnicas na rexión inclúen húngaros (5,6 % da poboación), serbios, croatas, búlgaros, ucraínos e outros.

A actual «rexión do Banato» de Romanía inclúe algunhas zonas montañosas que no formaron parte do Banato histórico ou da chaira panónica. O Banato romanés é montañoso no sur e sueste; no norte, oeste e suroeste é chán e, nalgúns lugares, pantanoso. O clima, excepto nas zonas pantanosas, é xeralmente san. Cultívanse en grandes cantidades trigo, cebada, avea, centeo, millo, liño, cánabo e tabaco, e os produtos dos viñedos son de boa cualidade. A riqueza mineral é grande, incluíndo cobre, estaño, chumbo, zinc, ferro e, especialmente, carbón. Entre os seus numerosos mananciais, os máis importantes son os de Mehadia, con augas sulfurosas, que xa eran coñecidas na época romana como as Termae Herculis (Băile Herculane).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]