O nome déuselle durante a ocupación otomá e deriva da palabra turca bucak (recanto) e nun principio designaba o territorio atinxido entre Akkerman, Bender e Ismail.
Budzhak foi e aínda é unha rexión multiétnica, os nogai habitaban a rexión ata o século XVIII cando foron forzados a emigrar pola colonización rusa. Unha parte da terra deixada polos nogais foi ocupada por gagausos e búlgaros. No século XIX chegaron colonos alemáns de Württemberg e Prusia, poboación que foi deportada en 1940. A antiga colonia xudía da rexión foi masacrada ou deportada durante a segunda guerra mundial. Segundo o censo ucraíno de 2001 a poboación da rexión era de 617.200: 40% ucraínos, 21% búlgaros, 20% rusos, 13% romaneses.