Dmitrii Ivanovskii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Dmitri Ivanovsky")
Dmitrii Iosifovich Ivanovskii
Dmitrii Iosifovich Ivanovskii
Selo da Unión Soviética, Dmitri Ivanovski, 1964 (Michel 2978, Scott 2938).
Nacemento 28 de outubro de 1864
Lugar Vila de Nizy, Gdov Uyezd, Gobernatura xeral de San Petersburgo, Imperio Ruso
Falecemento 20 de xuño de 1920 (55 anos)
Lugar Rostov-on-Don, Rusia
Nacionalidade Rusa
Ocupación Botánico

Dmitrii Iosifovich Ivanovskii (en ruso: Дмитрий Иосифович Ивановский), nado en Nizi, Gobernación de San Petersburgo, o 28 de outubro de 1864 e finado o 20 de xuño de 1920 en Rostov do Don, foi un botánico ruso, o primeiro científico en descubrir os virus en 1892 e un dos fundadores da viroloxía.[1][2][3][4][5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ivanovskii estudou na Universidade de San Petersburgo. En 1887, investigou unha enfermidade que afectaba o tabaco, á que se referiu como wildfire. Tres anos máis tarde, observou outra enfermidade das plantas do tabaco e descubriu que as dúas enfermidades foran causadas por un axente infinitamente minúsculo capaz de impregnar os filtros da porcelana, cousa que as bacterias nunca poderían facer.

En 1898, o microbiólogo holandés Martinus Beijerinck replicou independentemente os experimentos de Ivanovskii e convenceuse de que a solución filtrada tiña unha nova forma de axente contaxioso ó que chamou virus. Beijerinck posteriormente recoñeceu en Ivanovskii prioridade do descubrimento.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lechevalier, Hubert (1972). American Society for Microbiology, ed. "Dmitri Iosifovich Ivanovski (1864–-1920)" (PDF). Bacteriological Reviews (en inglés) (Washington, D.C.) 36: 135–45. ISSN 0005-3678. PMC 408320. PMID 4557165. Consultado o 16 de outubro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 A Lustig and A J Levine (agosto de 1992). "One hundred years of virology". J Virol 66: 4629–31. PMC 241285. PMID 1629947. 
  3. Bos, L. (1995). "The Embryonic Beginning of Virology: Unbiased Thinking and Dogmatic Stagnation". Archives of Virology 140: 613–619. ISSN 0304-8608. 
  4. Zaitlin, Milton (1998). "The Discovery of the Causal Agent of the Tobacco Mosaic Disease" (PDF). En Kung, S. D.; Yang, S. F. Discoveries in Plant Biology. Hong Kong: World Publishing Co. pp. 105–110. ISBN 978-981-02-1313-8. 
  5. Sebastion, Anton (2001). Informa Health Care, ed. A dictionary of the history of science (en inglés). Google Books Excerpt. p. 267. ISBN 1-85070-418-X. OCLC 9781850704188. Consultado o 24-10-2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Flag-map of Russia.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Outros artigos[editar | editar a fonte]