Pagué é un distrito de San Tomé e Príncipe, que ocupa toda a Illa do Príncipe. Ten cerca de 7,000 habitantes e ocupa unha superficie de 142km². A capital do distrito e localidade máis importante é Santo António.
A illa foi descuberta polos exploradores portugueses o 17 de xaneiro de 1471, que a denominaron como "Illa de Santo António".
Co obxectivo de favorecer o seu poboamento, en 1502 converteuse nunha donataria, nomeada como "Illa do Príncipe" introdúcese á cultura cana de azucre. Fóra nomeada illa do Príncipe por Xoán II de Portugal. O rei adoraba ao seu único fillo e herdeiro Afonso, Príncipe de Portugal que, na súa honra, bautizou como "Principe" a illa máis pequena do arquipélago de San Tomé e Príncipe.
A economía do distrito aposta polo turismo para o seu desenvolvemento, máis xacementos de petróleo foron descubertos nas augas da illa e iso abriu novas perspectivas para o futuro.[1]