Dionisio de Mileto (historiador)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDionisio de Mileto
Biografía
Nacementoséculo VI a. C. Editar o valor em Wikidata
Mileto Editar o valor em Wikidata
Morteséculo V a. C. Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador , Logógrafo Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Dionisio de Mileto (en grego antigo, Διονύσιος; e en latín, Dionysius) foi un logógrafo da antiga Grecia que naceu en Mileto no século -VI e viviu ata a primeira metade do século -V.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Segundo a Suda, foi un dos historiadores máis antigos, contemporáneo de Hecateo. Das súas obras pódese deducir que viviu polo menos ata o -485, dado que menciona a morte de Darío I o Grande, de quen escribiu unha historia en cinco libros. A Suda tamén lle atribúe unha obra co título Tὰ μετὰ Δαρεῖον (en galego, Despois de Darío), e outra titulada Περσικά (Persas) todas escritas en dialecto xónico. Estas tres obras poderían ser partes diferentes dunha mesma obra, ou as dúas últimas formarían unha única obra e unha continuación do primeiro título.

A Suda atribúe outros títulos a Dionisio de Mileto:Troica, en tres libros; Myithica; un ciclo histórico en sete libros; e unha Periegesis do mundo enteiro, pero esta probabelmente sexa unha confusión entre este Dioniso e outros personaxes do mesmo nome, principalmente Dionisio de Mitilene.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Schmitt, Rüdiger (15 de decembro de 1995 [actualizado 28 de novembro de 2011]). "Dionysios". Encyclopædia Iranica, online edition (en inglés). 
  2. Smith, William (2005). A Dictionary of Greek and Roman biography and mythology. Vol. I. (en inglés). Boston: Little, Brown & Comp. pp. 1042–1043.